Data de emisión: 03 marzo 2008

ARQUEOLOGÍA 2008

CONSULTAR TARIFAS

ARQUEOLOGÍA 2008

HISTORIA

Son dous selos os que compoñen esta emisión de Arqueoloxía: un que reproduce a Bicha de Balazote (Albacete) e outro o Vaso cinerario de Apofis I, atopado nun xacemento da antiga Sexi, na contorna de Almuñécar (Granada).

Toma a denominación de Bicha de Balazote unha escultura ibérica do século VI a. de C., atopada nun xacemento arqueolóxico coñecido como De los Majuelos, pertencente a este municipio da provincia de Albacete. Esta escultura, que é androcéfala, xa que ten cabeza de home e corpo de touro, pertence a unha necrópole tumular e posiblemente formara parte da decoración dun templo. Consta a peza de dous bloques de pedra calcaria rosácea duns 93 cm de lonxitude 73 cm de altura. Representa a súa cabeza a dun home barbudo cuns pequenos cornos e orellas de touro, sendo o seu corpo o dun animal hastado en repouso. Esta peza escultórica está depositada desde1910 no Museo Arqueolóxico de Madrid.

Crese que foi encontrado o Vaso cinerario de Apofis I, a peza máis importante do Museo de Almuñécar, na necrópole fenicia Laurita do cerro de San Cristóbal desta poboación da costa granadina. Este vaso, en mármore, é único no Mediterráneo e ten ademais impreso un dos textos escritos máis antigos dos que se conservan en España. A peza exipcia, fabricada cara a finais do século XVII a. de C., é posible que chegara aquí cos fenicios arredor do século VIII a. de C. Pertenceulle ao faraón Apofis I, segundo indica o selo gravado en escritura xeroglífica na parte superior do corpo do vaso. A necrópole Laurita, a primeira púnica primitiva que se investiga no noso país, foi descuberta en febreiro de 1963 con motivo da construción dun bloque de vivendas.