Data de emisión: 19 setembro 2008

CENTENARIOS. CENTENARIO REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE TENIS

CONSULTAR TARIFAS

CENTENARIOS. CENTENARIO REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE TENIS

HISTORIA

O logotipo da Real Federación Española de Tenis coa inscrición 100 anos en pista, deseñado expresamente para celebrar durante 2008-2009 o centenario da organización deportiva, é o motivo que ilustra o selo conmemorativo da efeméride.

Declarada como entidade de utilidade pública sen fin de lucro, a Real Federación Española de Tenis (RFET) ten como principais obxectivos a promoción, organización e regulamentación do deporte do tenis. Membro da Federación Internacional de Tenis, da Asociación Europea de Tenis e do Comité Olímpico Español, a RFET é a institución que representa a España nas competicións internacionais desta modalidade. A actual federación ten os seus antecedentes na “Real Asociación de Lawn-Tenis de España”, herdeira á súa vez da “Asociación de Lawn-Tenis de Barcelona”, primeira entidade de carácter nacional afiliada á asociación tenística de Londres que a principios do século XX regulaba o tenis mundial. Durante esa primeira época, os clubs españois carecían dunha institución nacional que canalizara a regulamentación e foi en setembro de 1909, durante a celebración do Concurso Internacional de San Sebastián que reuniu aos delegados dos distintos clubs e sociedades, cando se acordou a creación dunha federación nacional. En 1957, e tras varios cambios de nome, a primitiva asociación pasou a denominarse Real Federación Española de Tenis. A RFET inicia a conmemoración do seu centenario en setembro de 2008 –coincidindo co torneo final da Fed Cup, que enfrontará a España e Rusia, e coa semifinal da Copa Davis entre España e os Estados Unidos– prolongando os seus actos conmemorativos ao longo de 2009 con exposicións, congresos e asembleas encamiñadas a difundir o chamado “deporte branco” e os seus proxectos de futuro. O campionato máis antigo de tenis internacional é o da Copa Davis, que comezou a celebrarse en 1900. Desde entón moitos son os trofeos disputados en pista, entre os que figuran como máis prestixiosos os de Wimbledon, Roland Garros e os abertos de Estados Unidos, onde os tenistas españois figuran entre os mellores.