Data de emisión: 11 febreiro 2008

CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO

CONSULTAR TARIFAS

CONTRA LA VIOLENCIA DE GÉNERO

HISTORIA

A filatelia únese á loita contra os malos tratos á muller coa emisión deste selo autoadhesivo, co que se quere colaborar á erradicación da violencia de xénero e á difusión do teléfono de información e axuda ás mulleres maltratadas 016.

A pesar das medidas postas en marcha para loitar contra a violencia de xénero, os datos oficiais confirman que as denuncias por malos tratos aumentaron nos últimos anos e que a violencia sobre a muller segue a exercerse. Ás campañas publicitarias sobre este asunto, plans de sensibilización, medidas de protección e novas disposicións lexislativas contra a violencia súmase a posta en marcha do servizo telefónico 016, que lles ofrece información tanto ás vítimas coma aos familiares, veciños, amigos e cidadáns que o necesiten. O servizo está atendido por persoal especializado, funciona as 24 horas do día e ten a característica de que non deixa proba da súa utilización, xa que non aparece en ningunha factura e desaparece da marcación ao finalizar a chamada. Ademais de asistir aos casos de violencia, o 016 facilita información sobre os dereitos que ten a muller maltratada en materia de emprego, servizos sociais, prestacións económicas, centros de acollida e asesoramento xurídico especializado. Para facilitar a comunicación coas vítimas, o servizo atende nos catro idiomas nacionais: castelán, catalán, galego e éuscaro, así como en inglés e francés. No ano 2001 o correo español fíxose eco da violencia de xénero coa emisión dun selo dedicado á Campaña Internacional Contra a Violencia Doméstica, ao declarar a ONU o 25 de novembro como Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller. A sensibilización da sociedade ante o problema dos malos tratos é maior cada día e a colaboración de todos parece necesaria para pór fin a este mal que segue necesitando dun gran apoio institucional. A chamada de atención á sociedade no seu conxunto aparece impresa no selo baixo a inscrición: “Se sabes de malos tratos non o consintas, chama ao 016”.