Data de emisión: 05 maio 2008

DÍA DEL SELLO

CONSULTAR TARIFAS

DÍA DEL SELLO

HISTORIA

A serie Día do Selo, aparece dedicada nesta ocasión á Real Ordenanza del Correo Marítimo; unha obra que regulou as comunicacións postais entre España e os seus dominios de Ultramar no último terzo do século XVIII.

A necesidade de manter estreitas relacións entre os gobernos da metrópole e os afastados países das Indias fixo que baixo o reinado de Carlos III se ordenaran as distintas disposicións existentes sobre a materia coa publicación da Real Ordenanza del Correo Marítimo, e así se estipula no inicio do documento: “Por quanto el Ramo de Correos marítimos se ha gobernado hasta ahora por las reglas, y ordenes ... he resuelto se reduzcan à una Ordenanza, que las comprenda todas en los términos que expresan los Tratados y Títulos siguientes ...” A obra está dividida en cinco apartados que regulan as funcións dos administradores e empregados ao servizo do correo marítimo, os portos de embarque da correspondencia, as embarcacións útiles para o transporte dos envíos, os privilexios e exencións que tiñan os dependentes do servizo e as penas por delitos, entre outras moitas disposicións, constituíndose na normativa reguladora da época. Foi elaborada por Gerónymo de Grimaldi, secretario de Estado e superintendente xeral de Correos e Postas. A Real Ordenanza del Correo Marítimo imprimiuse en Madrid, en 1777, no prestixioso establecemento de don Antonio de Sancha, un dos máis ilustres impresores do século XVIII, que ocupa un lugar de honra na historia do libro como impresor e editor. Os traballos caracterízanse pola calidade do papel, a nitidez da impresión, a tipografía, a xenerosidade das marxes e a beleza dos gravados. Na portada do documento aparece o escudo real realizado por Tomás Francisco Prieto, gravador real de Carlos III e unha verdadeira autoridade do mundo das artes. Esta imaxe é a que ilustra o selo de Correos. A Real Ordenanza del Correo Marítimo forma parte do fondo antigo da Biblioteca do Museo Postal e Telegráfico, Madrid.