Data de emisión: 23 abril 2008

EUROPA. CARTAS

CONSULTAR TARIFAS

EUROPA. CARTAS

HISTORIA

A serie Europa, que anualmente poñen en circulación os países que forman PostEurop cun tema en común, dedícalle esta emisión ás Cartas; un sistema de comunicación que durante séculos foi privativo da administración pública do correo.

O Dicionario da Real Academia Española define a carta como: “Papel escrito, e ordinariamente pechado, que unha persoa envía a outra para comunicarse con ela”. Similar ou parecida definición utilizou Correos a través da historia, cumprindo unha función que leva aparellada o segredo e a inviolabilidade da correspondencia e a entrega ao seu destinatario. A carta constitúe a forma de comunicación escrita máis utilizada por políticos, científicos, literatos, homes e mulleres de todos os tempos e pódese dicir que foi a única forma de comunicación existente ata a aparición do telégrafo e o teléfono. Escritores de todas as épocas e países adoptaron a literatura epistolar como xénero literario para expresar os seus pensamentos e emocións, así, José Cadalso, Juan Valera, Quevedo, Voltaire, Bécquer e Kafka, entre outros moitos, deixáronnos excelentes publicacións escritas en forma de carta. Un texto do século XIX di da misiva: “é o consolo da vida para toda as clases da sociedade; a chegada dalgunha carta é tan celebrada como ... a visita do amigo e parente máis querido”. O selo que se emite forma parte dunha folla bloque que recrea unha composición romántica. Para isto o autor do deseño, J. Carrero, utiliza un tipo de pintura figurativa que dá lugar a unha escenografía na que aparecen elementos da vida cotiá, como unha repisa, un vaso con flores multicolores, cartas escritas e sobres con signos de franqueo, que forman un conxunto harmónico no que a carta toma o protagonismo da imaxe cun escrito que se inicia coa frase: “Querida Inés da alma mía...”. A serie Europa emítese polos 48 operadores postais públicos europeos que forman PostEurop. A temática dos selos é elixida, por común acordo, polos países que forman parte do proxecto filatélico da organización postal e que anualmente celebran un concurso para seleccionar o mellor deseño da serie.