Data de emisión: 04 xullo 2008

EXPO ZARAGOZA 2008

CONSULTAR TARIFAS

EXPO ZARAGOZA 2008

HISTORIA

Esta folla bloque emítese con motivo da celebración da Exposición Internacional Expo Zaragoza 2008, acontecemento mundial que se celebra do 14 de xuño ao 14 de setembro e que xira arredor do tema central da Auga e Desenvolvemento Sostible. No seu deseño, na parte inferior esquerda, xunto ao logotipo de Expo Zaragoza 2008, figura como enunciado A maior festa da auga na Terra.

Ilústrase esta folla bloque e os tres selos cunha vista aérea da maqueta do recinto da Expo. Aparecen na imaxe, en primeiro termo o Pavillón-Ponte, con formas orgánicas, estilizadas e trenzadas. É unha das entradas principais da Exposición Internacional. Á esquerda da ponte e en primeiro plano está situada unha das seis prazas temáticas independentes que ofrece como tema monográfico expositivo Inspiracións acuáticas. É un edificio que ten forma de cuncha e conta cun deseño bioclimático e foi creado para albergar o espectáculo “O home vertente”. Séguenlle, distribuídas ao longo das marxes fluviais do Ebro, as outras cinco prazas temáticas denominadas: Auga extrema, cuxo aspecto exterior simboliza o instante no que unha onda rompe sobre a praia. Trata de emocionar e concienciar ao visitante sobre os riscos da auga; a praza Sede simula no seu aspecto exterior os efectos dun espellismo e nela, a través dos seus contidos, invítase ao visitante a reflexionar sobre o concepto sede que dá denominación ao espazo; con Oikos, auga e enerxía preténdese demostrar ao visitante que é posible transformar e almacenar a enerxía utilizando a tecnoloxía, sendo respectuosos co ambiente; en Cidades de auga, praza temática exenta de muros, contémplase esta como recurso urbano, subliñando o gran valor deste elemento natural no proceso de mellora da calidade de vida das cidades. Contempla aquí a auga como espectáculo, como recurso e como futuro; e, por último, Auga compartida é unha praza que consta de varias plataformas con diferentes niveis nos que se informa sobre a política da auga, sobre a problemática asociada a este elemento, sobre a xestión da conca hidrográfica, etc. No fondo da folla localízanse numerosos pavillóns e infraestruturas da Expo.