Data de emisión: 01 xullo 2008

FLORA Y FAUNA. Dalia y Abejaruco común

CONSULTAR TARIFAS

FLORA Y FAUNA. Dalia y Abejaruco común

HISTORIA

Correos pon en circulación dous novos talonarios autoadhesivos dedicados á emisión de Flora e fauna nos que se reproducen imaxes da Dalia e do Abellaruco común.

Orixinaria de México, onde está considerada como flor nacional, a dalia é unha planta da familia Asteraceae, pertencente ao xénero Dahlia. Foi descrita por primeira vez polo botánico español Francisco Hernández. A planta non chegou a Europa ata 1780 e sería o naturalista español Antonio José Cavanilles quen cultivara e dera o nome a unha variedade como dalia variabilis na honra do botánico Andreas Dahl. Pertence a dalia ás plantas herbáceas perennes con raíces tuberosas. O seu tamaño pode variar desde os poucos centímetros ata máis dun metro de altura. As súas follas son opostas e compostas. As flores preséntanse reunidas en cabezas bastante grandes, sinxelas, dobres, de formas e cores moi variadas. Plántanse en primavera e multiplícanse por sementes, escallos ou división dos tubérculos. A súa floración pode ir desde principio do verán ata finais do outono. Hai unhas 30 especies e cerca de 20.000 variedades de dalias.

O abejaruco común ou Merops apiaster é unha ave da familia Meropidae que habita na maior parte da Península Ibérica. A súa plumaxe é de tons pardo amarelado e castaño avermellado na parte superior, no seu pescozo é marelo e a parte inferior é basicamente azulada. O seu pico alongado e curvo faino facilmente identificable. Vive en vales próximos a ríos con presenza de arborado e arbustos. Escava o seu niño en ribadas terrosas de solos brandos, areosos e de aluvións xunto aos ríos. É unha especie insectívora que xeralmente captura as presas en voo. As súas postas constan de 4 a 7 ovos e a reprodución ten lugar entre finais de abril e prolóngase ata finais de xullo.