Data de emisión: 01 outubro 2008

FLORA Y FAUNA. Narciso y Arrendajo

CONSULTAR TARIFAS

FLORA Y FAUNA. Narciso y Arrendajo

HISTORIA

Dous novos talonarios de selos autoadhesivos da serie Flora e fauna póñense en circulación e aparecen ilustrados coas imaxes do narciso e do gaio.

O narciso ou narcissus é unha planta bulbosa da familia Amaryllidaceae, da orde Asparagales e xénero Narcissus. É orixinaria da conca mediterránea e Asia. A súa reprodución pode ser a partir de sementes, aínda que o máis habitual é mediante a división dos bulbos que se plantan en outono e a súa floración ten lugar en primavera. A planta posúe escapo basal e logra unha altura próxima ao medio metro. As súas flores poden darse en solitario ou en grupo e teñen seis estames que aparecen inseridos no tubo do perigonio. Os froitos están no interior de cápsulas trilobuladas que conteñen numerosas sementes. O nome do narciso deriva da palabra grega narkào (narcótico) e fai alusión ao olor penetrante das flores dalgunhas especies. É unha planta ornamental da que existen múltiples variedades e cores.

O gaio ou garrulus glandarius é un córvido que habita tanto en bosques de coníferas como de caducifolias. Pertence á familia Corvidae, da orde das Passeriformes e xénero Garrulus. É unha ave de tamaño medio e mide entre 30 y 35 cm de lonxitude. Como o resto dos córvidos é omnívoro. A súa plumaxe é inconfundible por ser moi rechamante pois é entre pardo e laranxa cun panel azul claro no pregue das alas e cadeira branca. Habita en case toda Europa e aniña en árbores e arbustos. Móvese en pequenos grupos familiares e é unha ave abundante. Ten unha única posta anual de tres a sete ovos e a súa incubación dura entre 16 e 19 días, sendo os pitos alimentados durante as seis ou oito primeiras semanas de vida.