Data de emisión: 09 outubro 2008

JUEGOS Y DEPORTES TRADICIONALESCastillos humanos

CONSULTAR TARIFAS

JUEGOS Y DEPORTES TRADICIONALESCastillos humanos

HISTORIA

Continúa a serie Xogos e deportes tradicionais co selo dedicado aos Castells ou castelos humanos, un costume típico dalgunhas comarcas catalás que consiste en formar auténticas torres humanas de varios pisos de alturas.

Os Castells enmárcanse nos xogos e deportes de locomoción que esixen un desprazamento corporal. De orixe difícil de determinar, conta cun gran arraigamento popular en Cataluña, principalmente na zona norte de Tarragona e sur de Barcelona, aínda que tamén é practicado como final de danzas folclóricas nalgunha vila do Alto Aragón. A construción destes castelos humanos esixe unha técnica que se transmite de xeración en xeración, na que prima non tanto o esforzo como a habilidade e a boa organización. Actualmente os Castells convertéronse nun espectáculo de exhibición e competición que atrae a público de todos os lugares, nos que as colles –asociacións compostas por persoas de todas as idades que formar as torres humanas- pugnan por configurar as máis elevadas e saír triunfantes nas actuacións. As máis espectaculares poden elevarse ata 10 pisos. A base do castelo está formada pola pinya ou piña, onde se encontra o maior número de persoas para dar soporte, aguantar o peso e equilibrar a pirámide pola que soben os participantes. Continúa co tronco ou parte visible do castelo humano e en referencia ao piso que ocupan se encontran els primers ou baixos, os do primeiro piso; els segons, os do segundo e así ata finalizar a torre. A parte superior está formada por nenos: os dosos do antepenúltimo piso, o aixecador do penúltimo e o enxaneta o último, que levanta o brazo no momento de coroar o castelo. O selo vai unido verticalmente a unha viñeta sen valor postal mostrando a composición dun castelo humano de varios pisos, onde os participantes aparecen uniformados con camisa vermella, faixa negra e pantalón branco.