Data de emisión: 16 xullo 2008

JUEGOS Y DEPORTES TRADICIONALES LUCHA

CONSULTAR TARIFAS

JUEGOS Y DEPORTES TRADICIONALES LUCHA

HISTORIA

A loita, como xogo e deporte tradicional, é unha das actividades máis arcaicas das que se ten constancia. Foi practicada nos Xogos Olímpicos da antiga Grecia e serviu como método de adestramento para os gladiadores na época romana. Con esta emisión recórdanse a Loita Leonesa, Canaria e Pau Canario.

A loita leonesa, tamén coñecida como Aluche, practícase na zona nororiental da provincia que abrangue a montaña e a ribeira. Ten a súa orixe nas disputas amigables que se establecían entre agricultores e gandeiros, nas que dous contendentes se enfrontan utilizando distintas mañas para conseguir tirar o adversario ao chan. O xogo desenvólvese nun corro de herba alta de entre 8 e 12 metros de diámetro, vestindo os loitadores pantalón curto, pés descalzos e cinto de coiro, ao que han de agarrarse obrigatoriamente para competir. A puntuación pode ser por caída enteira, cando ao contrario se lle fai tocar o chan co lombo, ou media caída, cando se solta do cinto ou toca o chan co peito ou o costado. A loita pode ser individual ou por equipos, neste caso con categorías de peso lixeiro, medio e pesado. A loita canaria ten lugar dentro dun círculo de area no que se trazan dous círculos concéntricos de 10 a 12 metros de diámetro. O combate denomínase agarrada e ten como finalidade desequilibrar ao contrario e facerlle tocar o chan con calquera parte do corpo que non sexa a planta do pé. O loitador viste pantalón de loita de tea moi resistente e amplo, para permitir o agarre do contrario, sobre outro de punto axustado. Utiliza diferentes técnicas, chamadas mañas, que poden ser de mans, pernas, cadeiras ou mixtas. Trátase dun deporte de equipos, de entre 12 e 16 loitadores. O pau canario é unha arte marcial consistente en marcar golpes en calquera parte do corpo sen facer contacto no adversario e defendéndose, ao mesmo tempo dos golpes que pode recibir. Os paus poden ser longos, de ata 3 metros; medio ou pau canario, que é o máis popular e curto ou macana duns 60 centímetros. No pau medio ou canario os contendentes colócanse en “cuadras”, de forma que se colocan de lado para ofrecer o menor branco posible, cambiándose de “cuadra” cando o faga o adversario. O pau móvese de forma circular nun movemento continuo y agarrado coas dúas mans. A técnica pásase de xeración en xeración e goza de gran arraigamento en Gran Canaria e Tenerife. A emisión está formada por unha folla bloque de tres selos e tres viñetas que recollen distintas escenas de loita.