Data de emisión: 02 xaneiro 2008

JUGUETES 2008

CONSULTAR TARIFAS

JUGUETES 2008

HISTORIA

Os xoguetes de antano, hoxe auténticas pezas de museo, volven ter presenza nos selos. Trátase dunha emisión de oito selos adhesivos, de tarifa A, que reproducen cada un unha peza emblemática, seleccionada entre as máis representativas e valiosas pertencentes aos fondos de oito dos máis importantes museos dedicados a xoguetes do noso país.

Así, se revisamos a emisión de Xoguetes, correspondente ao ano 2008, veremos: un Transatlántico, catalogado entre as pezas do Museu del Joguet de Catalunya de Figueres. Esta institución, que conta con máis de 4.000 pezas, foi fundada por Joseph Maria Joan Rosa e inaugurada en 1982; un Tragabolas, destacado entre os fondos museísticos do Museu dels Joguets de Dénia. Reúne esta sede museística xoguetes de comezos do século XX aos anos 60; un conxunto de Cubos de praia, propiedade da Fundación Raquel Chaves de Vigo; unha Dilixencia integrada entre as cuantiosas pezas artesanais e industriais que o Museu de la Jugueta de Sa Pobla posúe dos séculos XIX e XX ; un Barquilleiro cuxa peza pertence á Fundació Museu Valencià del Joguet d´ Ibi, provista de xoguetes doados pola familia Payá; un Diábolo, contabilizado entre os fondos do Museo de Juguetes de Albarracín, institución esta creada polo coleccionista Eustaquio Castellano; un xogo de Arquitectura, procedente do Museo de Artes y Costumbres Populares de Sevilla, sede creada en 1972 ; e, finalmente, un Submarino que aquí representa o conxunto museístico de pezas propiedade do Museu de la Joguina de Sant Feliu de Guixols, que garda a colección Tomàs Pla. Xoguetes todos que forman parte dos fondos dos devanditos museos, cuxas imaxes quedarán perpetuadas nos selos que integran esta emisión.