Data de emisión: 08 setembro 2008

PINTURA ESPAÑOLA

CONSULTAR TARIFAS

PINTURA ESPAÑOLA

HISTORIA

Ilústranse estes dous selos da emisión dedicada a Pintura española cos autorretratos dos pintores Antonio María Esquivel e Darío de Regoyos.

O pintor Antonio María Esquivel e Suárez de Urbina (Sevilla, 1806-Madrid, 1857), iniciou os seus estudos de pintura na Academia de Belas Artes de Sevilla. En 1831 trasladouse a Madrid e concursou na Academia de Belas Artes de San Fernando onde foi nomeado Académico de mérito. Tamén participou activamente en 1837 na fundación do Liceo Artístico e Literario. Foi nomeado pintor de cámara en 1843 e académico de San Fernando en 1847. Aínda que o artista participou nas correntes historicistas predominantes no Madrid do século XIX dentro do denominado movemento eclecticista e cultivou a pintura de xénero, a especialidade de Esquivel foron esencialmente os retratos e os temas románticos. Como retratista conta cun merecido prestixio. As súas técnicas de debuxo e de iluminación, o mesmo que a súa cromática, foron dificilmente superables polos seus contemporáneos.

O pintor Darío de Regoyos (Ribadesella, 1857- Barcelona, 1913) trasladouse a Madrid onde ingresou na Academia de Belas Artes en 1878. Formouse xunto ao paisaxista e mestre belga Carlos de Haes, quen lle aconsellou que se matriculase na École Royale des Meaux-Arts de Bruxelas. Tras varias exposicións en Bélxica, a súa pintura evolucionou desde o naturalismo ao presimbolismo e, anos despois, xa na súa madurez, o seu estilo chegou a identificarse ou aproximarse ao impresionismo e puntillismo. Os seus temas preferentes foron as paisaxes rurais e urbanas e os tipos populares. É un dos primeiros pintores españois inmersos nos movementos artísticos europeos. Regoyos, coa súa técnica, logrou dominar os contrastes lumínicos e a cor. O autorretrato de Esquivel foi realizado en 1847 e pertence ao Museo Fundación Lázaro Galdiano de Madrid e o de Regoyos, pintado en 1895, é propiedade do Museo de Belas Artes de Asturias.