Data de emisión: 22 xaneiro 2008

SERIE BÁSICA

CONSULTAR TARIFAS

SERIE BÁSICA

HISTORIA

Oito novo selos coa efixie do rei Xoán Carlos I pasan a formar parte da Serie Básica, chamada tamén Serie Xeral ou Definitiva. O dicionario de filatelia define a Serie Básica como “a elaborada para circular en cantidades masivas e que abarca unha elevada gama de valores faciais co fin de cubrir todas as posibilidades de franqueo previstas pola tarifa postal”. Nas imaxes desta serie sempre aparece o retrato do monarca español e, desde que en 1975 Xoán Carlos I fora proclamado rei, emitíronse cinco series básicas claramente diferenciadas entre si.

A primeira serie básica, ilustrada cunha fotografía do monarca novo, púxose en circulación o 15 de xullo de 1976 e emítese ata 1984. Desta serie realizáronse oito emisións ao longo dos anos indicados, cun total de 30 valores diferentes. A segunda serie básica comprende as emisións realizadas entre 1985 e 1992. Está composta por 27 valores, postos en circulación en 10 datas diferentes. Nesta serie diminúese sensiblemente o tamaño dos selos e introdúcese unha nova imaxe do rei.

A terceira serie básica realízase entre 1993 e o ano 2000. Formada por 20 valores emitidos en 13 ocasións, a característica máis destacada é que a marxe esquerda dos selos aparece sucado por una banda en cor dourada. A nova fotografía do rei foi realizada por Jorge Martín Burguillo. A cuarta serie básica, de 2001 a 2006, conta con 30 selos realizados en seis entregas. Os selos de 2001, ano de transición da peseta ao euro, presentan o valor facial en ambas as dúas moedas e a partir de 2002 unicamente en euros. Unha nova imaxe do rei volve diferenciar esta serie, na que o valor facial e a coroa real están impresas na parte superior do selo en cor prata.

Finalmente, a quinta serie comezou a emitirse en 2007 e continúa na actualidade. Nesta serie reprodúcese a efixie actualizada de Xoán Carlos I nun primeiro plano máis curto. A coroa real, no ángulo superior esquerdo, e o valor facial, no inferior dereito, están calados en cor ouro.