Data de emisión: 14 novembro 2008

VIDRIERAS. Real Academia Española

CONSULTAR TARIFAS

VIDRIERAS. Real Academia Española

HISTORIA

A vidreira dedicada á Elocuencia, da Real Academia Española, é a imaxe que reproduce a folla bloque e o selo desta emisión.

Aínda que a Real Academia Española de la Lengua foi fundada en Madrid en 1713, ata o 1 de abril de 1894 non estivo situada no actual edificio feito ex profeso no barrio madrileño dos Xerónimos, nuns terreos do Bo Retiro. Edificio, o da RAE, de referencias neoclásicas e de planta rectangular, realizado con materiais e recursos técnicos inspirados nos usos do século dezaoito, con fachada principal clasicista, dominada por un pórtico de columnas dóricas, frontón e escalinata. Encóntrase instalada a vidreira dedicada á Elocuencia, xunto con outras tres, todas de temas alegóricos, no Salón de Actos da Academia. É obra do artesán Dragant de Burdeos e foi realizada en 1893. Xunto coas outras tres existentes no mesmo lugar, fabricadas todas en forma de H, tanto o escudo como as vidreiras custaron 15.000 pesetas de finais do século XIX, que foron pagadas pola Academia e o Ministerio de Fomento da época. A vidreira representa a Polimnia, musa da Elocuencia. No fondo da composición aparece a imaxe de Mercurio, tamén considerado deus da Elocuencia, colocado sobre pedestal ou columna que acompaña ou protexe a Polimnia, cuxa figura aparece adornada con motivos florais ou elementos vexetais. Na placa que sostén Polimnia faise mención a frei Luis de Granada, mestre da elocuencia e da oratoria. Esta vidreira, xemelga doutra dedicada á Poesía, aparece fermosamente ornamentada no seu contorno por unha orla ou cenefa inzada de estrelas e símbolos. O taller bordelés de Dragant realizou tamén en España as vidreiras do palacio de Aguirre en Cartaxena. De esta hoja bloque se realizó una Prueba de color .