Data de emisión: 02 xaneiro 2009

ABANICO Y MANTÓN DE MANILA

CONSULTAR TARIFAS

ABANICO Y MANTÓN DE MANILA

HISTORIA

Reúne este selo dous elementos eminentemente peculiares ou característicos do noso país: o abano e o mantón de Manila.

O abano, ademais de ser un instrumento que lle proporciona ar fresco ao seu usuario, foi utilizado ao longo da historia como obxecto co que emitir mensaxes, xa que con el se poden practicar distintas formas de linguaxe. De feito, este instrumento, dependendo de cada movemento, que ten o seu propio significado, facía transmitir un código secreto que servía de comunicación entre persoas. O abano pregable apareceu por vez primeira en España no século XVI. Non obstante, neste e nos séculos posteriores, a importación de exemplares procedentes de Italia e Francia foi tan importante que o rei Carlos II, en 1679 se veu obrigado a limitala. Sábese que no século XVIII había en Madrid numerosos artesáns de abanos, aínda que será Valencia a que se consolide como centro produtor. Por isto, en 1802, instálase alí a Real Fábrica de Abanicos. O mantón, unha prenda de adorno feminino orixinaria de china, que se introduciu en Manila no século XVI, está elaborado con pezas de seda bordada e foi levado por comerciantes españois ás nosas colonias americanas de México, Guatemala e Perú. A finais do século XVIII o seu uso estendeuse por cidades de Estados Unidos. Un século despois en España popularizouse e foi moi usado como peza de abrigo ou complemento de vestir. Desde o noso país, esta prenda de adorno feminino logrou estenderse por Europa. O mantón, unha vez introducido en España, adoptará no seu deseño elementos ornamentais e coloristas propios da flora autóctona española. Esta peza selecta do vestiario feminino, adornada aquí con flocos longos, destínase a ser lucida en grandes solemnidades e actos excepcionais.