Data de emisión: 15 xaneiro 2009

DIARIOS CENTENARIOS. DIARIO LA RIOJA

CONSULTAR TARIFAS

DIARIOS CENTENARIOS. DIARIO LA RIOJA

HISTORIA

Dentro da serie dedicada a Diarios centenarios emítese un selo conmemorativo do 120 aniversario do diario La Rioja. Periódico do que o selo reproduce a silueta dun vendedor rueiro do diario, ademais do 120 sobre fondo vermello e os anos 1889-2009.

O diario La Rioja foi fundado en Logroño o 15 de xaneiro de 1889 e tiña como sede o edificio popularmente coñecido como Casa del Correo. Foi o seu fundador Facundo Martínez Zaporta, quen, en anos anteriores, puxo en marcha outra publicación, de aparición bisemanal, coñecida como El Comercio. Esta publicación, xa transformada en periódico diario, pasaría a denominarse La Rioja, cuxo exemplar por aqueles anos custaba cinco céntimos. Desde a súa aparición, este periódico definiuse como imparcial, libre e sen sometemento a presións de ningunha clase. O diario La Rioja transformouse en rotativo o 28 de decembro de 1920, utilizando para a súa impresión unha Koëning and Baüer. O 1 de outubro de 1938, en plena Guerra Civil, por razóns políticas pasa o diario a chamarse Nueva Rioja. Non obstante, o xornal volveu recuperar a súa cabeceira histórica o día 1 de xullo de 1981. O xornal La Rioja ocúpase de reflectir o acontecer diario da súa comunidade, de España e do mundo desde unha perspectiva plural, é cabeceira dun grupo multimedia rexional que estende a súa actividade ao sector da radio, da televisión e internet, realizando o labor social de informar os cidadáns. Isto valeulle o recoñecemento da sociedade rioxana que a través do seu Goberno lle concedeu a Medalla de La Rioja, en xuño de 2004, á sociedade editora do diario.