Data de emisión: 01 abril 2009

FLORA Y FAUNA. Gladiolo y Urogallo

CONSULTAR TARIFAS

FLORA Y FAUNA. Gladiolo y Urogallo

HISTORIA

Na serie de Flora e Fauna emítense dous selos autoadhesivos cuxa temática e ilustración están dedicadas ao Gladíolo e á pita do monte.

O gladíolo é unha planta bulbosa e perenne pertencente á familia Iridaceae e ao xénero Gladiolus que comprenden unhas 250 especies localizadas na súa maioría na África austral aínda que tamén se distribúe na área mediterránea europea e en Asia. Presenta esta especie, que logra unha altura de entre 60 e 180 cm, follas ensiformes, ríxidas e erectas con numerosas nerviacións paralelas. A súa época de floración é entre o verán e o outono aínda que en climas mornos florece todo o ano. As súas flores son de cor branca, crema, amarela, vermella e púrpura. As flores son hermafroditas e están dispostas en longas espigas terminais que posúen entre 12 e 20 flores. O froito está dentro dunha cápsula que contén numerosas sementes marróns e aladas. O gladíolo utilízase en floricultura como planta ornamental. A súa plantación, que ten lugar en primavera, é mediante bulbos.

A pita do monte ou Tetrao urogallus é unha ave da familia Tetraonidae e da orde das Galliformes. Ten un tamaño aproximado dun metro nos machos e 0,70 cm as femias, polo que é unha das nosas maiores aves. A pita do monte caracterízase por ter plumas debaixo do pico en forma de barba, uns tubérculos vermellos sobre os ollos e a cola en forma de abano. Vive en zonas montañosas con bosques claros e abertos de coníferas e de abundante vexetación herbácea. En España, o seu hábitat é toda a cornixa Cantábrica e os Perineos. Está en perigo de extinción e a súa época de celo dura desde marzo ata mediados de maio. Durante esta época o macho emite berros de reclamo para atraer as femias coas que a continuación copula. As femias poñen entre cinco e doce ovos nun burato feito no chan, polo que son obxectivo doado para xabarís, cans e donicelas. De aí, que poucos pitos cheguen a adultos e a poboación de pitas do monte sexa tan reducida en número.