Data de emisión: 06 novembro 2009

JUVENIA 2009

CONSULTAR TARIFAS

JUVENIA 2009

HISTORIA

A Exposición Nacional de Filatelia Xuvenil (JUVENIA 2009), acontecemento filatélico de importante relevancia para o coleccionismo xuvenil de selos que se vén realizando con periodicidade bienal, ten como sede, o ano 2009, a localidade asturiana de Mieres. É alí onde terán lugar, desde o día 6 ao 14 de novembro, as exposicións, obradoiros, seminarios e demais actos conmemorativos de JUVENIA, na súa xa XXI edición. Esta Exposición Nacional de Filatelia Xuvenil, como en anteriores citas, imponse como reto dar a coñecer o variado, apaixonante e formativo mundo dos selos entre os mozos, pois neles están as bases do futuro coleccionismo filatélico. Nesta XXI edición, organizada polo Club Filatélico Mierense, que cumpre este ano o seu 50 aniversario, preséntanse coleccións filatélicas procedentes de Francia, Portugal e de toda España. Dentro do programa de JUVENIA terán lugar diversas actividades culturais: seminarios, visitas, charlas filatélicas, presentacións de selos, etc. Estes actos terán como lugar de celebración o hall do edificio principal del campus universitario de Barredo, en Mieres.

Mieres limita ao norte con Ribera de Arriba, Oviedo e Langreo; ao sur con Lena e Aller; ao leste con Langreo, San Martín del Rey Aurelio e Laviana; e ao oeste con Morcín e Riosa. Do seu pasado histórico, pola existencia de castros e túmulos, sábese que houbo poboación autóctona anterior á ocupación romana. Tamén desta última se atoparon restos e inscricións, aínda que a importancia deste concello comezará a partir do século IX cando diversos reis asturianos destinan doazóns ás súas igrexas e foros. Mieres figurou desde a Idade Media na Ruta Xacobea. De aí o nome da súa capital, Mieres do Camiño. O concello, desde o século XIX, tivo unha importante actividade coa explotación de minas de carbón, actualmente en declive, e tamén contou ata 1970 cunha importante industria siderúrxica. O selo reproduce unha panorámica da praza de Requejo na que aparece en primeiro plano a escultura dun escanciador de sidra e como fondo os edificios típicos asturianos de galerías acristaladas, ademais de logos e textos alusivos a Mieres e a JUVENIA.