Data de emisión: 16 outubro 2009

MICOLOGÍA

CONSULTAR TARIFAS

MICOLOGÍA

HISTORIA

A emisión dedicada á Micoloxía mostra dous fungos moi comúns e de gran calidade gastronómica: o Cantharellus cibarius e o Boletus pinophilus.

É coñecido comunmente como andoa dos piñeiros. O sombreiro pode chegar a medir ata 25 cm de diámetro, ao principio é convexo e finalmente plano, de cor marrón-avermellada con tonalidade caoba. Os tubos son anchos e separables, ao principio brancos, despois amarelentos e finalmente de cor amarela-oliva. O pé é groso e macizo e nalgúns casos o seu grosor supera o diámetro do sombreiro, con cor de tonalidade crema, cuberto por unha retícula. A súa carne é branca e dura (máis branda na madurez) con olor e sabor agradables e de comestibilidade excelente.

Crece desde a primavera ata o outono, coa chuvia, en bosques de piñeiros, aínda que tamén pode encontrárselle baixo frondosas.

É difícil confundilo. Ás veces a diferenciación cos boletus aereus, edulis e reticulatus (todos de comestibilidade excelente), pode ofrecer algún problema, pero ao pinophilus diferénciao a súa tonalidade caoba.