Data de emisión: 02 marzo 2009

OBJETIVOS DE DESARROLLO DEL MILENIO

CONSULTAR TARIFAS

OBJETIVOS DE DESARROLLO DEL MILENIO

HISTORIA

A filatelia solidarízase cos problemas sociais e humanitarios difundindo, a través dos selos, as accións máis relevantes e significativas que se están levando a cabo. Nesta idea enmárcase a emisión dedicada aos Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio. No ano 2000, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou, co apoio dos representantes de 189 Estados, a declaración dos Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio (ODM), comprometéndose a alcanzar para 2015 oito importantes obxectivos. O compromiso da comunidade internacional indicaba: “non escatimaremos esforzos para liberar os nosos semellantes, homes, mulleres e nenos das condicións abxectas e deshumanizadoras da pobreza extrema”. Os oito obxectivos que se deben lograr son: erradicar a pobreza extrema e a fame; lograr a educación primaria universal; promover a igualdade entre os xéneros; reducir a mortalidade infantil; mellorar a saúde materna; combater a SIDA e outras enfermidades; asegurar a sostibilidade do ambiente e fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento. Cada obxectivo divídese pola súa vez en diversas metas, cuantificables mediante máis de 60 indicadores concretos.

No selo reprodúcese un globo terráqueo esfumado, onde os continentes e océanos dan forma a un rostro humano. A emisión preséntase en forma de talonario de 100 selos engomados, distribuídos en 10 folliñas con 10 selos cada unha.