Data de emisión: 15 xullo 2009

PERSONAJES

CONSULTAR TARIFAS

PERSONAJES

HISTORIA

Polas contribucións feitas á ciencia e aos avances da sociedade, na serie Personaxes inclúense os nomes de Claudio Moyano, Charles Darwin e Louis Braille ao cumprirse, de todos eles, o segundo centenario do seu nacemento.

O político Claudio Moyano Samaniego (Bóveda de Toro ou Fuentelapeña, Zamora 1809-Madrid 1890) foi catedrático de Institucións Civís e de Economía Política na Universidade de Valladolid. A súa vida na política iníciase en 1841, ao ser elixido alcalde constitucional de Valladolid. Dous anos máis tarde sublévase coas forzas de militancia contra Espartero e as súas ideas progresistas e moderadas foron evolucionando cara a unha posición cada vez máis moderada. Foi ministro de Fomento en tres ocasións: en 1853 baixo a presidencia do xeneral Lersundi; en 1856 con Narváez, etapa na que publicou a Lei de instrución pública que declaraba obrigatorio o ensino primario e en 1864 co Gabinete de Arrazola. O seu labor destaca tamén no campo da educación, como reitor das universidades de Valladolid e Madrid, coa implantación de importantes reformas.

Charles Darwin (Shrewsbury 1809-Downe, Kent 1882) estudou en Edimburgo e en Cambridge, onde fixo amizade co prestixioso profesor de Botánica Henslow, quen lle propuxo participar como naturista na expedición do bergantín Beagle para explorar as costas de América do Sur e as illas do Pacífico. Durante a viaxe, que durou cinco anos, ampliou os estudos sobre a natureza e levou a cabo observacións científicas que lle serviron para publicar as súas notas de viaxe. En 1859 publicou a súa gran obra El origen de las especies que, traducida inmediatamente a outras linguas, deu paso a unha nova visión da Historia Natural e ao chamado Darwinismo. Foi autor de numerosas obras relacionadas coa evolución dos seres vivos, polo que foi combatido nos medios relixiosos e de concepción clásica.

O inventor do sistema de lectura para cegos Louis Braille (Coupvray 1809-París 1852) quedou invidente aos tres anos tras sufrir un accidente. Con 10 anos ingresou no instituto para mozos cegos de París, unha das primeiras institucións deste tipo que existían no mundo e na que se ensinaban algúns oficios sinxelos. Dotado dun talento especial para a música, ideou diferentes códigos para facilitar o ensino musical, pero o seu gran invento foi o sistema de lectura e escritura para cegos Braille, adoptado universalmente. O método baséase no uso de puntos en relevo que permiten a lectura por medio do tacto.