Data de emisión: 14 xaneiro 2009

SERIE BÁSICA

CONSULTAR TARIFAS

SERIE BÁSICA

HISTORIA

Catro novos valores que reproducen o retrato do monarca Xoán Carlos I, proclamado rei de España o 22 de novembro de 1975, inclúense nesta serie.

Don Xoán Carlos de Borbón naceu o 5 de xaneiro de 1938 en Roma, lugar onde residía a familia real tras abandonar España ao proclamarse a República en 1931. Fillo de don Xoán de Borbón e Battenberg e de dona María das Mercedes de Borbón e Orleáns, foi bautizado na Capela da Orde de Malta por quen anos máis tarde sería o papa Pío XII.

Defensor da democracia e dos valores constitucionais, a figura do rei Xoán Carlos I é por todos coñecida, destacando polo labor como xefe do Estado español. Ao longo do seu reinado visitou oficialmente a práctica totalidade dos países do mundo e os principais organismos internacionais. Así, en 1976 e aos seis meses de ser proclamado rei realizou, acompañado pola raíña dona Sofía, a primeira viaxe ao continente americano, visitando a República Dominicana e os Estados Unidos. Uns meses máis tarde continuou o percorrido por América do Sur, visitando Venezuela e Colombia. De todo isto quedou constancia na filatelia coa emisión dos selos conmemorativos das viaxes ao Continente Americano das súas maxestades os reis de España.

A primeira Serie Básica coa imaxe de Xoán Carlos I emitiuse o 15 de xullo de 1976 e o mesmo día de emisión vendéronse cerca de 55.000 series, por un importe de 16.775.000 pesetas, equivalentes a máis de 100.800 euros. Estas espectaculares vendas puxeron de relevo o interese do pobo español por facerse cos selos da primeira serie do monarca.