Data de emisión: 12 xuño 2010

25 ANIVERSARIO DEL ACTA DE ADHESIÓN DE ESPAÑA A LAS COMUNIDADES EUROPEAS

CONSULTAR TARIFAS

25 ANIVERSARIO DEL ACTA DE ADHESIÓN DE ESPAÑA A LAS COMUNIDADES EUROPEAS

HISTORIA

O 12 de xuño de 1985, o Goberno de España asinaba, no salón de columnas do Palacio Real de Madrid, a acta de adhesión á Comunidade Económica Europea (CEE). O mesmo día, Portugal tamén asinaba a súa adhesión á organización europea.

A incorporación de pleno dereito dos dous países produciuse o 1 de xaneiro de 1986, quedando constituída a CEE por doces estados: Alemaña, Bélxica, Francia, Holanda, Italia, Luxemburgo, Dinamarca, Irlanda, Reino Unido, Grecia, España e Portugal. Nos anos posteriores fóronse incorporando outros estados ata chegar aos 27 que a forman na actualidade. Tras a incorporación de España á CEE produciuse un período de prosperidade económica e de desenvolvemento das infraestruturas no país.

O obxectivo inicial da organización sustentouse nun mercado común baseado na economía e o comercio, que iría evolucionando cos anos ata constituírse nunha unidade de nacións coa libre circulación de persoas, mercancías, bens e servizos. En 1993 a CEE cambiou o nome polo de Unión Europea (UE) e no século XXI, cunha poboación próxima aos 500 millóns de habitantes, desenvolve unha política de solidariedade ou de cohesión aplicable aos temas sociais, agrícolas, de innovación tecnolóxica e de protección do ambiente. Tamén promove a investigación e o desenvolvemento, sempre baixo a premisa da paz e a liberdade.

Un dos grandes logros económicos da UE foi a adopción do euro como moeda única. No ano 2002 fíxose efectiva no mercado e actualmente o euro é compartido por 16 estados.



A UE conta cunha serie de institucións comúns que cumpren funcións específicas entre as que se encontran como máis destacadas: o Parlamento Europeo, o Consello da Unión Europea, a Comisión Europea e o Tribunal de Xustiza da Unión. Todas as actividades da UE derivan dos tratados acordados democraticamente polos estados membros que se foron modificando e actualizando para adaptarse á evolución da sociedade. Desde o ingreso na organización, España asumiu en catro ocasións a Presidencia da UE: primeiro semestre de 1989; segundo semestre de 1995; primeiro semestre de 2002 e primeiro semestre de 2010. Este é un cargo rotatorio que se renova cada seis meses entre os países membros.