Data de emisión: 18 outubro 2010

ALIANZA DE CIVILIZACIONES. Emisión conjunta España-Turquía

CONSULTAR TARIFAS

ALIANZA DE CIVILIZACIONES. Emisión conjunta España-Turquía

HISTORIA

O 14 de xullo de 2005, o secretario xeral da ONU, Kofi Annan, anunciou que a Alianza de Civilizacións era unha iniciativa cuxo obxectivo é promover o compromiso da comunidade internacional de cerrar a brecha que divide as sociedades islámicas e as occidentais. O proxecto é unha resposta á necesidade de involucrar as sociedades, tanto a nivel institucional como civil, no esforzo de tender pontes que permitan superar os prexuízos, as percepcións erróneas e a polarización que poderían ameazar a paz mundial.

A alianza ten o propósito de evitar os problemas xurdidos de concepcións hostís que fomenten a violencia. Así mesmo, intentará impulsar a cooperación para salvar estas divisións. Os acontecementos dos últimos anos deixaron clara a falta de entendemento mutuo entre o mundo islámico e o occidental e este clima foi explotado polos extremistas de todas as sociedades. A Alianza de Civilizacións xorde como unha coalición contra as ditas forzas e ten por bandeira o respecto mutuo polas crenzas relixiosas e as tradicións nun mundo de interdependencia crecente en todos os terreos, desde a saúde ata a seguridade. A iniciativa, ideada orixinariamente polo presidente do Goberno Español, José Luis Rodríguez Zapatero, quen a expuxo o 21 de setembro de 2004, na 59.ª Asemblea Xeral da ONU, é auspiciada polo Goberno de España e Turquía, que se comprometeu a achegar as contribucións iniciais para establecer un fondo que financie os traballos da alianza. Alianza de Civilizacións, por tanto, é o nome do programa adoptado por Nacións Unidas, o 26 de abril de 2007, baixo a Secretaría Xeral de Ban Ki-moon, co nomeamento de Jorge Sampaio como alto representante das Nacións Unidas na alianza.

O programa da alianza antes de ser asumido pola ONU, conseguiu o patrocinio de Turquía, país co que España realiza este ano a emisión conxunta de dous selos.