Data de emisión: 11 outubro 2010

AMÉRICA UPAEP. SÍMBOLOS NACIONALES

CONSULTAR TARIFAS

AMÉRICA UPAEP. SÍMBOLOS NACIONALES

HISTORIA

Seguindo o acordo tomado pola Unión Postal das Américas, España e Portugal (UPAEP) hai varias décadas, os países membros da organización poñen anualmente en circulación un selo cun tema en común dedicado, na presente emisión, aos Símbolos nacionais. Enténdense por símbolos nacionais ao conxunto de emblemas, símbolos, imaxes e iconas que identifican e representan os membros dun país e son a bandeira, o escudo e o himno nacional.

A bandeira de España, “esta formada por tres franxas horizontais, vermella, amarela e vermella, sendo a amarela de dobre anchura que cada unha das vermellas”. Foi adoptada coas características actuais o 5 de outubro de 1981, tras modificarse o escudo nacional. Ten o mesmo deseño que o aceptado en 1785, sobre o que se foi variando o deseño do escudo en diferentes ocasións. A normativa di que “debe ondear no exterior e ocupar o lugar preferente no interior de todos os edificios e establecementos da Administración central, institucional, autonómica, provincial ou insular e municipal do Estado”.

O escudo de España está regulado pola Lei 33/1981, do 5 de outubro, e é o símbolo heráldico do Estado. Ao longo da historia pasou por numerosas modificacións e os elementos que o forman teñen unha tradición de máis de nove séculos. O seu uso institucional está regulado e é empregado polo Goberno e as institucións do Estado.

O himno nacional, soou ininterrompidamente en España desde o século XVIII, salvo no período da II República. De autor descoñecido, Carlos III declarouno Marcha de Honor, en 1770, pero foi o costume popular quen o converteu en himno. Está regulado polo Real decreto 1560/1997, do 10 de outubro.

O deseño dos selos América UPAEP é de libre interpretación para cada país. No caso de España ilústrase coa bandeira nacional que, en forma de banda ou cinta, debuxa o territorio español sobre o que se asenta o escudo nacional.