Data de emisión: 08 novembro 2010

CATEDRALES. Catedral Basílica de Santiago. Bilbao

CONSULTAR TARIFAS

CATEDRALES. Catedral Basílica de Santiago. Bilbao

HISTORIA

A Catedral de Bilbao, tamén denominada ou coñecida como Catedral Basílica de Santiago debido ao patrón de Bilbao, o apóstolo Santiago, conta cunha folla bloque que reproduce a súa portada principal e un selo que mostra a súa torre e fachada, tamén principal.

Iniciáronse as obras desta Catedral Basílica de Santiago cara a finais do século XIV inspiradas en conceptos arquitectónicos e escultóricos baseados no estilo gótico imperante da época. As ditas obras, como ocorreu co resto das catedrais, foron prolongándose a través do tempo, durante os séculos XV e XVI, ata o punto de que algúns dos seus elementos construtivos sufriron importantes obras de reconstrución no século XIX. De aí que encontremos capelas, fachadas, torre, portadas e pórticos con elementos e detalles góticos, renacentistas e neogóticos. Concretamente, a fachada e torre que aparecen reproducidas no selo, foron concluídas cara a 1891. A fachada, que conta con portada, rosetón e chapitel, é de estilo neogótico e veu a substituír á anterior barroca, mentres que a torre actual, tamén neogótica, foi levantada sobre o lugar que ocupaba outra neoclásica. Mide esta torre uns 64 metros de altura, está construída en tres corpos e vese coroada por un chapitel.

A Catedral de Bilbao, conta cunha bela sancristía gótico-renacentista do século XVI, cunha cripta-oratorio, un claustro e quince capelas situadas entre os contrafortes. As capelas están dedicadas ás advocacións da Virxe do Pilar, San Antón, Nosa Sra. de Begoña, Santa Lucía, San Diego de Alcalá, A Piedade, O Sagrario, O Rosario, Os Remedios, Santa Mariña, Virxe do Carme, do Bautismo, San Serafín, Penitencial e Cristo do Amor.