Data de emisión: 05 abril 2010

Cine Español

CONSULTAR TARIFAS

Cine Español

HISTORIA

Despois da primeira emisión do Cine Español dedicada aos Premios Goya 2010. Mellor Película, ponse en circulación un novo selo conmemorativo destes mesmos premios dedicado á película Ágora, gañadora de sete premios Goya.

O mundo do celuloide español celebra a súa festa anual coa entrega dos premios Goya outorgados pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España. Desde a creación dos premios en 1978, o cine español proxectou a súa calidade e reputación fóra das súas fronteiras, logrando varios dos galardóns máis prestixiosos concedidos polo mundo da gran pantalla. Na edición dos premios Goya 2010 participaron preto de 300 películas españolas estreadas durante o ano anterior no país; delas obtivo o Premio á Mellor Película Celda 211, con oito premios Goya, seguida de cerca por Ágora, con sete.

De orixe grega, a palabra ágora significa ‘praza pública na que a poboación se reunía para realizar as súas asembleas e administrar a xustiza’. A película motivo deste selo, Ágora, dirixida por Alejandro Amenábar, ambientase no século IV, na cidade exipcia de Alejandría e na súa lendaria biblioteca, onde imparte as súas clases a astrónoma e filósofa Hipatia ante un grupo de discípulos. Esta personaxe convértese na protagonista da historia, nunha época na que as revoltas relixiosas chegan ata a propia biblioteca, considerada como o centro da cultura e do saber da antigüidade. Neses tempos convulsos e de destrución da sabedoría e da ciencia a mans da intolerancia, a astrónoma Hipatia trata de defender con decisión o legado cultural contido nos pergameos e libros da gran biblioteca coa axuda dalgúns dos seus discípulos máis fieis. A película pertence ao xénero histórico con matices dramáticos.

No selo reprodúcese o cartel da película Ágora e as sete estatuíñas dos premios Goya cos que foi galardoada.