Data de emisión: 30 abril 2010

DIARIOS CENTENARIOS. El Correo

CONSULTAR TARIFAS

DIARIOS CENTENARIOS. El Correo

HISTORIA

Correos dedícalle a emisión de Diarios Centenarios a El Correo de Bilbao, periódico que cumpre agora un século de existencia e de compromiso informativo coa sociedade. O selo, en formato vertical, reproduce na súa imaxe varios exemplares do diario e na súa parte superior aparece o logotipo que conmemora o centenario. A tipografía da cabeceira serve para recordar a efeméride nun destacado en vermello, cor que identifica a marca corporativa de El Correo. Debaixo figura o ano 1910 no que apareceu o primeiro número ata 2010 no que cumpre un século.

O diario matutino independente, daquela chamado El Pueblo Vasco, apareceu, por vez primeira, o 1 de maio de 1910. O auxe industrial e económico de Bilbao nos comezos do século XX animou aos irmáns Ybarra e De la Revilla á fundación do mencionado diario. Periódico de corte progresista, dinámico e moderno, de concepción liberal e plural da sociedade, que iniciou a súa andadura con 2.743 exemplares e que xa na súa segunda década de vida chegou a superar os 8.000 exemplares de tirada. Tras a súa clausura na Guerra Civil, rexurdiría na primavera de 1938 e fusionaríase con El Correo Español. A consolidación e auxe do diario vese avalada pola súa tirada de máis de 80.000 exemplares en 1971. Nos anos 80 lévanse a cabo importantes cambios tecnolóxicos nos talleres e rotativa e comeza a xerarse o que na actualidade é o Grupo Correo de comunicación. Polo que hoxe o diario El Correo non é só a empresa editora del periódico, senón a sociedade cabeceira dun grupo.

O periódico El Correo, así identificado polos seus lectores, iniciou na década dos 90 unha estratexia multimedia e consolidou a súa penetración na sociedade, cunha importante difusión que agora multiplica a través de elcorreo.com, a súa edición por Internet. Coa súa renovada aposta pola calidade e desde un acreditado exercicio diario de pluralismo, este líder da prensa vasca, con máis de medio millón de lectores, e decano dos periódicos de Euskadi, afronta o futuro coa forza que lle dá o seu prestixio e liderado.