Data de emisión: 21 abril 2010

EFEMÉRIDES. 100 años de la Gran Vía de Madrid

CONSULTAR TARIFAS

EFEMÉRIDES. 100 años de la Gran Vía de Madrid

HISTORIA

A Gran Vía madrileña, unha das arterias máis importantes da capital, desde o punto de vista urbanístico, social, económico e cultural, cumpre un século do inicio das obras da súa construción, xa que foi o día 4 de abril de 1910 cando o rei Afonso XIII inaugurou as obras desta emblemática rúa.

Desde mediados do século XIX víñase pensando en construír unha vía que comunicara o noroeste e o centro da cidade. Foi en 1861 cando o Concello de Madrid se propuxo crear unha comunicación que evitara o paso pola xa conxestionada Puerta del Sol. Este proxecto implica tamén a creación de novos espazos urbanos e edificios representativos. Anos despois, en 1886, aprobouse o Proxecto de reforma interior, redactado por Carlos Velasco, e realizáronse as primeiras expropiacións, pero diversas dificultades impediron que o plan prosperara. En 1895, a Lei de saneamento, reforma e ensanche interior veu desbloquear e impulsar o proxecto, declarando a obra de utilidade pública. Tres anos despois, o conde de Romanones, sendo alcalde de Madrid, foi quen puxo o devandito proxecto nas mans dos arquitectos municipais López Salaberry e Andrés Octavio, que quedou finalmente aprobado en 1904. Proxecto que contemplaba os tres tramos que hoxe coñecemos. O primeiro tramo da Gran Vía iniciouse en 1910 e as obras do terceiro concluíron a finais dos anos 20, aínda que algúns edificios se construíron en posteriores décadas.

A Gran Vía, ademais de servir de eixo de comunicación da cidade, a través do tempo, constituíuse en centro comercial e de ocio e en punto de encontro dos cidadán que residen o que visitan Madrid. Nos seus tramos congréganse grandes almacéns, comercios e hoteis de luxo, cafeterías, cines e teatros. Na Gran Vía danse cita edificios emblemáticos como: o Metrópolis, o Grassy, La Estrella, o Círculo da Unión Mercantil e Industrial, Casa Matesanz, Telefónica, Madrid-París, Palacio da Música, Palacio da Prensa, Capitol e Coliseum, entre outros moitos proxectados polos nosos máis prestixiosos arquitectos.

O selo reproduce a icona que representa un dos tramos máis populares da Gran Vía.