Data de emisión: 03 setembro 2010

ENERGIAS RENOVABLES

CONSULTAR TARIFAS

ENERGIAS RENOVABLES

HISTORIA

O desenvolvemento e a investigación das enerxías renovables adquiren cada día maior importancia no mundo actual. Con menor efecto contaminante sobre o medio, as enerxías renovables obtéñense de fontes naturais inesgotables como a auga, o sol ou o vento e foron utilizadas polo home desde a antigüidade. A emisión dedícase a tres fontes de enerxía: biomasa, mareomotriz e undimotriz.

As tres cuartas partes da superficie do noso planeta están cubertas por mares e océanos que, en continuo movemento na superficie e na profundidade, constitúen un depósito de enerxía actualmente en desenvolvemento. Así, tanto as enerxías mareomotriz como undimotriz se obteñen do medio mariño.

A enerxía mareomotriz orixínase do aproveitamento das mareas, movemento de ascenso e descenso (fluxo e refluxo) das augas do mar producido por influxo da Lúa e o Sol. Para aproveitar esta diferenza de altura nas augas utilízase un mecanismo de turbinas e xeradores de corrente que produce enerxía eléctrica. Para o deseño do selo utilizáronse algúns dos elementos simbólicos que interveñen na creación desta enerxía, como o mar e o movemento das augas, a influencia da Lúa e o mecanismo técnico.

A enerxía undimotriz, tamén coñecida como olamotriz, obtense polo movemento das ondas mariñas. Para captar a forza das ondas utilízanse diferentes sistemas tecnolóxicos, como aparatos flotantes articulados ou dispositivos ancorandos ao fondo do mar e unidos a unha boia que move un xerador. O selo interprétase coa captación do movemento das ondas producidas polo vento, o sol luminoso e un sistema flotante articulado necesario para a produción enerxética.

O dicionario da Real Academia define a biomasa como “materia orgánica orixinada nun proceso biolóxico, espontáneo ou provocado, utilizable como fonte de enerxía”. Pola súa procedencia, pode clasificarse en: biomasa natural, producida na natureza sen intervención do home; biomasa residual, xerada de actividades agrícolas, gandeiras, de residuos da industria agroalimentaria e de transformación da madeira; e biomasa de cultivos enerxéticos, destinada á produción de biocombustibles. Para ilustrar o selo relacionáronse conceptos como o cultivo do campo que se transforma en vexetal seco para finalizar en materia combustible.

Os tres selos foron deseñados polo equipo de Jesús Sánchez.