Data de emisión: 20 setembro 2010

FAROS 2010

CONSULTAR TARIFAS

FAROS 2010

HISTORIA

Dentro da emisión de Faros dedícanse seis selos ao de Avilés en Asturias; ao de Punta Cumplida na illa de La Palma; ao de San Cibrao en Lugo; ao de Punta de La Polacra en Almería; ao de Ciutadella na illa de Menorca e ao de Huertas en Alacante. De todos eles reproducen os selos deste miniprego as súas torres e edificios.

O faro de Avilés, tamén coñecido como de San Juan, está situado na marxe oriental da entrada da ría de Avilés, no termo de San Juan de Nieva. Comezou a funcionar en 1863 e foi electrificado 1927. É unha torre troncopiramidal que está acaroada a un edificio. Ten unha altura de 40 m sobre o nivel do mar e 15 desde a súa base á culminación. O seu alcance é de 20 millas mariñas.

EO faro de Punta Cumplida encóntrase situado no extremo máis setentrional da illa de La Palma, en Barlovento. Entrou en funcionamento o día 1 de abril de 1867. É unha torre cilíndrica de cantería e ten unha altura aproximada de 33 m e a súa cúpula mide de diámetro 7 m.

O faro de San Cibrao está situado en Cervo, ao norte da provincia de Lugo. Foi construído en 1864 e consta dunha torre cónica de granito. Ten unha elevación de 37 m sobre o nivel do mar e de 8,80 sobre o terreo. O seu alcance é de 9 millas e é de luz branca e fixa. Xunto a el construíuse en 1979 outro en branco con franxa negra de 14 m de altura, dotado de equipo eléctrico.

O faro de Punta La Polacra en Níjar (Almería) está instalado sobre a denominada torre dos Lobos, unha atalaia do século XVIII que lle serve de peaña. Foi construído en 1991, ten unha altura de 14 m e o seu alcance é de 14 millas mariñas.

O faro de Ciutadella localízase na illa de Menorca. É unha torre branca con franxas negras acaroada a un edificio. Ten unha altura de plano focal de 21 m e de soporte 13 m e o seu alcance nominal nocturno é de 14 millas náuticas.

O faro Cabo de Huertas en Alacante, vén funcionando desde 1856 e está situado entre os barrios de Albufereta e Platja de Sant Joan. Consta dunha torre circular branca, de tres corpos superpostos que se vén culminados polo aparato óptico e de iluminación do propio faro.