Data de emisión: 01 abril 2010

FAUNA. Euphydryas aurinia y Zerynthia rumina

CONSULTAR TARIFAS

FAUNA. Euphydryas aurinia y Zerynthia rumina

HISTORIA

Esta emisión de Fauna consta de dúas novas bolboretas: unha a Euphydryas aurinia e outra a Zerynthia rumina. De ambas as especies toman a imaxe os dous selos.

A Euphydryas aurinia, da orde lepidoptera, pertence á familia Nymphalidae e ao xénero Euphydryas. Esta bolboreta localízase polo xeral en praderías e nas marxes de bosques caducifolios ou de coníferas de toda a Península Ibérica e, dependendo do lugar onde habita, voa entre mediados de abril a mediados de xullo. É de tamaño medio e presenta coloracións brillantes e en cuxas ás se alternan manchas laranxas, amarelas e marróns con debuxos ondulados en negro. Depositan en xuño os seus ovos no envés das follas da súa planta nutricia e entran en hibernación ata a primavera. A Euphydryas aurinia adoita vivir en pequenas poboacións e con frecuencia crea outras novas no seu contorno.

A Zerynthia rumina é da familia Papilionidae e do xénero Zerynthia. A súa presenza esténdese pola maior parte da Península Ibérica, a excepción do litoral cantábrico e Galicia. Tamén habita en parte da costa mediterránea francesa e países do norte de África. Adoita voar de febreiro a xuño, segundo o clima e altura, nunha soa xeración e pasa o inverno como crisálida, ás veces durante dous anos, adheridas á parte inferior da súa planta nutricia ou en ramas baixas de arbustos. Presentan as súas ás, na súa cara superior, un axadrezado amarelo, negro e vermello. Utiliza como plantas nutricias a Aristolochia rotunda, longa, pistolochia, pallida e baetica, entre outras.