Data de emisión: 19 xuño 2010

FILATEM 2010. Centro Niemeyer

CONSULTAR TARIFAS

FILATEM 2010. Centro Niemeyer

HISTORIA

Con motivo da realización de FILATEM 2010 en Avilés, durante os días 19 ao 26 de xuño, Correos emite un selo que reproduce a imaxe do Centro Cultural Internacional Oscar Niemeyer que está previsto que se inaugure neste ano 2010 na mencionada cidade asturiana. No dito proxecto participan o Goberno de España e o Principado de Asturias. Será este centro un complexo cultural de relevancia internacional, de coñecemento e creación artística que contribuirá á rexeneración económica e urbanística dunha área en pleno proceso de transformación industrial como é a ría de Avilés.

Consta este primeiro proxecto do arquitecto Oscar Niemeyer, en España, dun auditorio con capacidade para 1.000 espectadores; un espazo expositivo diáfano; unha torre-miradoiro sobre a ría e a cidade; un edificio polivalente que albergará un cine, salas de ensaio, reunións, conferencias e unha praza aberta que acollerá diversas manifestacións culturais e que servirá de nexo de unión entre o Centro Cultural Niemeyer e a cidade.

A Exposición de Filatelia Temática FILATEM Avilés 2010, constitúese nun dos acontecementos máis importantes do coleccionismo filatélico temático. FILATEM nesta edición superará, por vez primeira, o ámbito europeo, pois ademais das participacións de Francia, Portugal e España, mostrará coleccións de Brasil, Cuba e Estados Unidos. De feito, Avilés, coincidindo coa realización da FILATEM, conmemora a súa irmandade coas cidades de San Agustín de la Florida (USA), Cárdenas (Cuba) e Saint Nazaire (Francia).

FILATEM 2010, exposición filatélica temática patrocinada pola Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, realízase no Complexo Deportivo de El Quirinal. Alí mostraranse entre 300 e 350 vitrinas ou entre 600 e 700 cadros de coleccionistas adultos adscritos a distintas federacións, cuxas coleccións filatélicas temáticas son expostas con carácter competitivo. En FILATEM Avilés 2010, están representados con casetas institucionais Correos e a Real Casa da Moeda.