Data de emisión: 24 febreiro 2010

Instrumentos musicales. Saxófono tenor

CONSULTAR TARIFAS

Instrumentos musicales. Saxófono tenor

HISTORIA

Correos inicia con este selo, dedicado ao saxofón tenor, unha serie denominada Instrumentos musicais. A dita serie, complétase con outras tres emisións que reproducen imaxes doutros instrumentos como a trompeta, a trompa e o bombardino.

O saxofón debe o seu nome ao inventor e fabricante de instrumentos musicais, o belga Antoine Joseph Sax, coñecido como Adolphe Sax, quen, ao notar imperfeccións no son do clarinete, a súa obstinación por superalas levouno a inventar, cara a 1840, este instrumento encadrado na familia dos de vento-madeira. Sax, ao construír o saxofón, propúxose lograr que tivera a forza dun de metal e as calidades dun de madeira. O saxofón, tamén coñecido como saxo, está construído en latón. Consta este instrumento musical cónico dunha boquilla cunha cana simple equivalente á do clarinete. Debido ao son que emite foi clasificado como instrumento de vento-madeira máis que como vento-metal, xa que as ondas sonoras son producidas por unha cana oscilante e porque se producen notas diferentes abrindo e pechando chaves. Foi introducido este instrumento na música orquestral polo compositor francés Jules Massenet nalgunhas das súas óperas. Tamén o saxo, como outros instrumentos musicais, foi evolucionando a través do tempo e chegou a alcanzar unha notable popularidade a partir dos anos 20 e 30 do pasado século XX, de maneira particular co jazz e a música clásica.



Entre os instrumentos de lingüeta simple figuran o clarinete, o clarín, a gaita de cana e os bordóns, ademais do saxofón e este último, dependendo do son, pode ser: soprano, alto, barítono e tenor. É precisamente o saxofón tenor o que se reproduce neste selo. Peza do século XX que pertence á colección de instrumentos musicais do Museo Interactivo da Música de Málaga (MIMMA).