Data de emisión: 01 xullo 2010

Instrumentos musicales. Trompa

CONSULTAR TARIFAS

Instrumentos musicales. Trompa

HISTORIA

Dentro da serie dedicada a Instrumentos musicais, emítese un selo dedicado á trompa, un instrumento musical de vento-metal, da familia dos aerófonos. O dito selo vese ilustrado pola imaxe dunha trompa, pertencente ao Museo Interactivo da Música de Málaga.

A trompa é un instrumento de forma circular e duns 35 cm de diámetro. Posúe unha boquilla e as pancas na parte superior e un extremo moi acampanado ou pavillón na parte inferior. A súa parte central ocúpana tres ou catro válvulas, xeralmente xiratorias, que se manexan coa man esquerda, e parafusos adicionais.

O son da trompa prodúcese pola vibración dos labios no interior da boquilla, por acción da presión do aire, este vaise refinando ata chegar ao pavillón desde onde se emite cara so exterior. É un instrumento solista, prominente nas orquestras sinfónicas europeas e americanas. Estas formacións musicais contan cunha sección de trompas de catro ou máis intérpretes. A trompa tamén se utiliza en bandas e en conxuntos de música de cámara, como son os quintetos de vento e de metal.

As primeiras trompas foron utilizadas en cacerías e en actividades guerreiras. A utilización musical do instrumento non comezou ata finais do século XVII, despois de que se asociara á vida cortesá e ás cacerías reais a cabalo. A trompa, co paso dos séculos, foi evolucionando e, arredor de 1815, introduciuse o uso de pistóns (mecanismos que ao ser pulsados soben e baixan deixando pasar así o aire), o que xerou moita máis flexibilidade para tocar en diferentes tons. A trompa é un instrumento cuxo timbre é moi rico e expresivo e ademais pode emitir tanto sons doces e suaves, como ásperos e duros.

Esta peza, que reproduce o selo, procedente dunha cesión é do século XX e está incluída dentro das coleccións de instrumentos musicais do Museo Interactivo da Música de Málaga (MIMMA).