Data de emisión: 05 novembro 2010

MILENARIO DEL MONASTERIO DE OÑA

CONSULTAR TARIFAS

MILENARIO DEL MONASTERIO DE OÑA

HISTORIA

Cunha folla bloque e selo, Correos vén a conmemorar o milenario da fundación do Mosteiro de San Salvador de Oña. A dita folla e selo ilústranse cunha panorámica da igrexa e do mosteiro de San Salvador e un detalle dun conxunto escultórico elaborado en pedra.

Foi fundado o mosteiro de San Salvador de Oña en 1011 polo conde castelán Sancho García, neto de Fernán González, que o destinou para retiro da súa filla Trigidia. O seu xenro, Sancho III de Navarra, encomendouno aos beneditinos que o rexentaron ata a desamortización de Mendizábal. En 1880 ocupouno a Compañía de Xesús ata que en 1967 foi adquirido pola Deputación de Burgos.

O cenobio de San Salvador foi un dos máis importantes de España, desde a Idade Media á Moderna. De feito, nos seus distintos edificios e construcións hai pegadas do románico, gótico, renacemento e barroco. Así, o exterior da fachada do mosteiro é barroca, do segundo cuarto do século XVII; o interior da súa igrexa, a construción abarca desde o século XIII ao XVIII, polo que hai elementos románicos, góticos e barrocos; a capela Maior é do século XV; o panteón Condal e Real posúe sarcófagos góticos do XV; o altar que preside a igrexa é churrigueresco do século XVIII; a sancristía, construída a finais do século XVI, é de estilo herreriano; a sala Capitular é de finais do século XII, aínda que está cuberta por unha bóveda gótica decorada con motivos ornamentais de finais do século XV; e o claustro gótico, obra do século XVI de Simón de Colonia, destaca pola súa beleza e pureza de estilo entre o resto das edificacións do conxunto monástico.

Tanto a sancristía como o espazo museístico do Mosteiro de San Salvador gardan importantes pezas escultóricas e de ourivería, ademais doutras téxtiles da Idade Media.