Data de emisión: 17 setembro 2010

PATRIMONIO MUNDIAL. La Mezquita Catedral de Córdoba y Muralla de Lugo

CONSULTAR TARIFAS

PATRIMONIO MUNDIAL. La Mezquita Catedral de Córdoba y Muralla de Lugo

HISTORIA

A emisión dedicada ao Patrimonio da Humanidade contén dous selos que representan A Mesquita de Córdoba e a Muralla de Lugo.

A Mesquita foi declarada pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1984. Esta folla bloque reproduce un portal lateral de tempos de Alhakén II, mentres que o selo en círculo imita unha moeda de 2 euros na que poden verse columnas, arcos e capiteis do interior da Mesquita. O período de gloria deste monumento iniciouse no século VIII cando o esplendor de Córdoba chegou a rivalizar con Constantinopla, Damasco e Bagdad. Esta xoia da arquitectura califal érguese sobre o soar que ocupou unha antiga basílica visigoda e a primitiva mesquita adquirida por Abderramán I para definitivamente construír a actual e primeira mezquita Alhama. O conxunto arquitectónico foi ampliándose a través do tempo. Así, Hixem I, fillo de Abderramán I, encargouse de levantar o primeiro minarete de planta cuadrangular, ademais das galerías do patio para a oración das mulleres e a primeira pía de ablucións. No transcurso do tempo, debido ao numeroso incremento de fieis, a mesquita foi ampliándose. En 822 Abderramán II ampliou a sala de oración; Mohamed I deu forma á porta de San Esteban; o emir Al-Mundir levantou a sala do tesouro e Abd-Allah construíu un pasadizo secreto que unía o alcázar co mihrab; o califa Abderramán III reforzou os arcos que comunican o oratorio cuberto co patio das ablucións, mentres que Alhakén II engadiu novos tramos. A última ampliación levouna a cabo Almanzor ao engadir oito naves ao leste. No século XIII, con Fernando III, o Santo, a mesquita transformouse en catedral cristiá.

A muralla romana de Lugo obtivo a súa declaración no ano 2000. Ten unha lonxitude de máis de 2 km e separa a zona antiga do resto da cidade. Crese que foi construída na segunda metade do século III. Esta construción defensiva, conserva 71 das súas máis de 80 torres, a maioría de planta circular. Tiña cinco portas de acceso que coinciden coas actuais de Porta Miñá, Falsa, San Pedro, Nova e Santiago. Por necesidades de expansión da cidade, entre 1853 e 1921, abríronse outras cinco que son as actuais de San Fernando, a Estación e bispos Izquierdo, Aguirre e Odoario.