Data de emisión: 08 outubro 2010

PERSONAJES

CONSULTAR TARIFAS

PERSONAJES

HISTORIA

Tres nomes coñecidos súmanse á serie Personaxes para deixar constancia dos seus valores literarios e humanos nos selos de Correos.

Gonzalo Torrente Ballester (O Ferrol, 1910 - Salamanca, 1999) estudou as carreiras de Dereito e Filosofía e Letras e dedicouse ao ensino en diversos institutos de Galicia, Madrid e Salamanca e na Universidade de Albany (USA). Foi colaborador en varios periódicos, revistas e emisoras de radio. En 1943 publica a primeira novela, Javier Mariño. Autor prolífico, en 1949 interrompe a obra narrativa, que volve a retomar coa triloxía de Los gozos y las sombras, considerada como obra cume da literatura española do século XX. Esta triloxía está formada por El señor llega; Donde da la vuelta al aire e La Pascua triste. Foi membro da Real Academia Española de la Lengua (RAE) e recibiu todos os grandes galardóns, como o Premio Nacional de Literatura, Premio Príncipe de Asturias das Letras e Premio Cervantes, entre outros.

Francisco Ayala (Granada, 1906 - Madrid, 2009) pertence aos escritores da Xeración do 27. Profesor de Dereito Político na Universidade de Madrid, colaborou na Revista de Occidente e La Gaceta Literaria. Tras a Guerra Civil exiliouse a Buenos Aires, onde deu clases na universidade, y trasladouse máis tarde ás universidades de Puerto Rico e de varias cidades de Estados Unidos. Na súa obra distínguense dúas etapas: a primeira, anterior á guerra, cunha narrativa tradicional, e unha segunda, posterior á guerra, na que mostra atención polos problemas morais. Próximo ao realismo crítico, cultivou o relato curto, a novela e o ensaio. Entre os seus extensos galardóns figuran ser membro da RAE, Premio Cervantes e Doutor Honoris Causa por varias universidades.

En xuño de 2009 morría en Anantapur, unha das rexións máis pobres da India, Vicente Ferrer. Nacido en Barcelona en 1920, fíxose xesuíta coa idea de “axudar os demais”. En 1952 foise como misioneiro á India e comezou a traballar cos máis pobres e necesitados. En 1970 abandonou a compañía de Xesús e crea a Fundación Vicente Ferrer. Coa axuda de cooperantes, creou escolas, hospitais, pozos, encoros, bancos de sementes e miles de programas de microcréditos e de axudas a agricultores, fomentando a igualdade entre homes e mulleres. Polo seu labor humanitario recibiu o Premio Príncipe de Asturias á Concordia. Os seus proxectos continúan vivos grazas ao apoio e ao equipo de colaboradores que seguen os seus pasos.