Data de emisión: 22 febreiro 2010

PRESIDENCIA ESPAÑOLA DE LA UNIÓN EUROPEA

CONSULTAR TARIFAS

PRESIDENCIA ESPAÑOLA DE LA UNIÓN EUROPEA

HISTORIA

Durante o primeiro semestre de 2010, España asume a Presidencia da Unión Europea e a filatelia deixa constancia do feito coa emisión de dous selos conmemorativos.

Por cuarta vez desde o seu ingreso na Unión Europea (UE), en 1986, España faise cargo da Presidencia do Consello da Unión Europea, chamado tamén Consello de Ministros. As anteriores ocasións tiveron lugar durante o primeiro semestre de 1989, segundo semestre de 1995 e primeiro semestre de 2002. A Presidencia supón un deber e unha contribución de cada Estado membro ao funcionamento das institucións comunitarias. O cargo renóvase por un sistema rotatorio cada seis meses: de xaneiro a xuño e de xullo a decembro. O 1 de decembro de 2009, e coincidindo coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa, renovouse a estrutura con novos cargos e axustáronse os períodos de mandato destes.

La UE está constituída por estados democráticos europeos e a súa misión céntrase en ofrecerlles paz e estabilidade aos seus cidadáns; promover un desenvolvemento económico e social equilibrado; preservar a diversidade e identidade dos pobos europeos; así como defender o respecto aos dereitos humanos, o desenvolvemento sostible e o coidado do medio. Para desenvolver os seus traballos, a UE conta cunhas institucións entre as que figuran, como as máis importantes: o Parlamento Europeo, o Consello da Unión Europea e a Comisión Europea.

Nos selos reprodúcense, na parte inferior, o logotipo da Presidencia Española da Unión Europea formado polas letras “eu” en cursiva e enlazadas, e na superior unha aplicación deste. Para deseñar este logotipo convocouse un concurso público entre estudantes de Deseño e Belas Artes de España, Bélxica e Hungría -os tres países que presidirán sucesivamente a UE desde o 1 de xaneiro de 2010 ata o 30 de xuño de 2011- do que resultou ganador o belga Antoine Durieux. Esta é a primeira vez na historia da UE que un mesmo logotipo será compartido por varios países durante a súa presidencia, diferenciándose unicamente polas cores das súas bandeiras nacionais.