Data de emisión: 05 febreiro 2010

SERIE BÁSICA

CONSULTAR TARIFAS

SERIE BÁSICA

HISTORIA

Ponse en circulación unha nova emisión da Serie Básica con catro selos que reproducen a efixie do rei Xoán Carlos I.

Rei de todos os españois, como el mesmo expresou o día da súa proclamación o 22 de novembro de 1975, a notoriedade de Xoán Carlos I como xefe do Estado español é por todos coñecida. Demócrata, constitucionalista, europeísta e defensor dos valores humanos, ao longo do seu reinado mostrouse sempre atento aos avances sociais e culturais de todos os pobos. Mantén asidua relación con universidades, fundacións e academias, e promove o desenvolvemento das novas tecnoloxías, a investigación, o deporte e a cultura nas súas máis variadas manifestacións. A vinculación de Xoán Carlos I coa filatelia xorde desde o momento da súa proclamación como rei. Así, a primeira emisión na que apareceron don Xoán Carlos e dona Sofía tivo lugar o 25 de decembro de 1975. Desde entón -e a petición de Correos e Telégrafos- o monarca asina anualmente un prego de cada selo que se pon en circulación. A colección de pregos asinados polo rei forma parte dos fondos do Museo Postal e Telegráfico, en Madrid, e con eles particípase nas exposicións nacionais e internacionais nas que está presente Correos. Así mesmo, e sempre que se require a súa colaboración, don Xoán Carlos preside o Comité de Honor das exposicións filatélicas de prestixio que teñen lugar no noso país.

A primeira serie básica do rei púxose en circulación o 15 de xullo de 1976 e ata o ano actual emitíronse cinco series con cinco imaxes diferentes do monarca. Esta forma parte da quinta serie iniciada no ano 2007.

Como norma e ao igual que España, outros países tamén emiten unha Serie Básica ou Xeral, que ten como finalidade: “cubrir todas as posibilidades de franqueo previstas pola tarifa postal”.