Data de emisión: 02 xaneiro 2010

TURISMO ESPAÑOL

CONSULTAR TARIFAS

TURISMO ESPAÑOL

HISTORIA

A iconografía deste selo céntrase nunha pintura do artista J. Carrero que na súa composición mostra unha imaxe idílica dunha praia española na que se ve un cabalo a galope sobre o fondo, mentres que nun primeiro plano aparece unha moza de costas con caraveis na man e no pelo, tocada cun mantón de Manila.

Así, praia, cabalo español, caraveis e mantón de Manila acaban, tanto no selo como na obra do pintor, constituíndose en iconas ou motivos do turístico e español por excelencia. De feito, todos estes elementos aquí representados, tamén frecuentes en anuncios publicitarios de prensa e en slogans televisivos, son eminentemente turísticos. España, país consolidado como un dos destinos receptores de turismo máis solicitados, veu utilizando como reclamo estes símbolos. O sol das súas praias, a súa artesanía, a destreza e encanto dos seus cabalos xerezanos, as festas e os rituais tradicionais, os caraveis como toque colorista e a calor da súa xente son alicientes que lles serviron de atracción aos turistas.

As características que ofrecen as nosas numerosas e interminables praias e clima excepcional, o encanto e graza do cabalo español, protagonista de innumerables espectáculos en prazas e cidades da nosa ampla xeografía, o colorismo e o recendo que proporciona a nosa variada flora, aquí representada polos nosos olorosos caraveis e, finalmente, unha peculiar prenda feminina como o mantón de Manila, empregada con tanto éxito entre as damas da corte do século XIX como elemento de abrigo e vinculada ao arquetipo do español, tan reproducida na pintura costumista española e logo usada por moitas mulleres como elemento ornamental, é hoxe unha peza emblemática moi valorada da nosa artesanía. É un vistoso adorno e luxoso complemento feminino que, sen dúbida, consolida unha imaxe tópica e típica do español. De aí, o acerto do artista ao reunir todos estes alicientes na súa obra que reproduce o selo e que son unha óptima descrición ou recreación visual das iconas que mellor nos representan como imaxes e recordos turísticos de España..