Data de emisión: 20 abril 2010

URBANISMO. Carlos María de Castro y ensanche de Madrid

CONSULTAR TARIFAS

URBANISMO. Carlos María de Castro y ensanche de Madrid

HISTORIA

Dedícalle Correos unha emisión ao Urbanismo cun selo que serve de homenaxe a Carlos María de Castro, enxeñeiro, arquitecto e urbanista do ensanche de Madrid. O dito selo reproduce un retrato de Carlos María de Castro pertencente ao Ministerio de Fomento e como fondo percíbese o plano do ensanche de Madrid, proxecto que garda o Arquivo da Vila de Madrid.

Son cuantiosas as intervencións en obras públicas de Carlos María de Castro como arquitecto ou enxeñeiro pertencente ao Ministerio de Fomento.

O ensanche de Madrid foi motivado polo notable crecemento da poboación de Madrid e os grandes problemas sociais e sanitarios ocasionados pola escaseza de solo para edificar. Un dato importante é que Madrid pasou dos preto de 220.000 habitantes de comezos do século XIX aos 300.000 de finais da década de 1860. Esta situación levou ao Goberno da época a considerar as vantaxes e facilidades que traería consigo a expansión da cidade e isto motivou que De Castro recibira o encargo do proxecto de ensanche de Madrid do ministro de Fomento, Claudio Moyano. Proxecto que foi aprobado en 1860. O Plan de De Castro, que é como se denominaba ao ensanche de Madrid do século XIX, supoñía pasar das 800 hectáreas de extensión, que entón tiña Madrid, a 2.294 hectáreas, polo que a súa superficie se multiplicaría por tres. O dito ensanche consistía nunha retícula ortogonal orientada en dirección norte-sur, que non alteraba o crecemento natural da cidade, en dirección cara ao leste, e presentaba entre outras características o seguinte: desprazar o ata entón centro urbano da Porta do Sol ata a praza de Cibeles; crear quinteiros regulares que orixinaran grandes espazos abertos e prazas, ademais de edificios públicos e asistenciais; establecer tres tipos de anchura de rúas; crear prazas, zonas libres e xardíns coa finalidade de renovar o aire e mellorar as condiciones hixiénicas e sanitarias; delimitar o ensanche mediante un foso de segregación, ao que con posterioridade, se dispuxeron as avenidas da Reina Victoria, Raimundo Fernández Villaverde, Joaquín Costa, Francisco Silvela e Dr. Esquerdo e, finalmente, crear a zonificación residencial, que afectou aos barrios e zonas da Castellana, Salamanca e Chamberí, destinando as zonas de Delicias para uso industrial e de abastecemento, a de Vallehermoso para militar e o sur para uso agropecuario. A construción do ensanche foi lenta e prolongouse ata 1930.