Data de emisión: 05 novembro 2011

50 ANIVERSARIO DEL SALÓN NÁUTICO DE BARCELONA

CONSULTAR TARIFAS

50 ANIVERSARIO DEL SALÓN NÁUTICO DE BARCELONA

HISTORIA

Ao cumprirse o 50 Aniversario do Salón Náutico de Barcelona, ponse en circulación un selo que reproduce unha embarcación a vela en mar aberto.

EO Salón Náutico de Barcelona supón o maior encontro da industria náutica deportiva e de recreo en España e un dos máis importantes en Europa. Realízase todos os anos, con carácter internacional, para presentar todas as ofertas e novidades relacionadas coa náutica.

O certame foi fundado por Juan Antonio Samaranch, quen foi o seu presidente ata 1977, co fin de potenciar o sector náutico no noso país e promover unha maior afección aos deportes relacionados co mar. Ao longo dos 50 anos de existencia, o Salón Náutico foi crecendo en expositores e en visitantes, reunindo na última edición a máis de 365 empresas, de 31 países e a preto de 120.000 asistentes.

Durante os días de realización, lévanse a cabo numerosas actividades como: conferencias e debates, presentacións de regatas, entrega de premios e realización de actividades lúdicas, como saídas en embarcacións de vela lixeira, talleres de mariña e exposicións de barcos de madeira antiga.

O Salón Náutico ocupa dúas sedes diferentes: o recinto de Gran Vía de Fira de Barcelona, onde se expoñen as embarcacións menores, accesorios, vestimentas, libros, revistas e diferentes servizos náuticos; e o Port Vell, onde se presenta a exposición flotante de embarcacións de grande eslora e superiates. O salón consolidouse como unha importante plataforma comercial do sector e como o mellor escaparate para presentar as novidades desta industria que ocupa 15.000 traballadores en toda España. Pola súa tradición, vocación mariñeira e proxección internacional, converteuse no punto de encontro dos profesionais da industria náutica e dos amantes do mar.

O Salón Náutico está organizado pola Fira de Barcelona e conta coa colaboración da Asociación Nacional de Empresas Náuticas (ANEN) e das principais entidades do sector.