Data de emisión: 31 maio 2011

CENTENARIO DE LA AVIACIÓN MILITAR ESPAÑOLA

CONSULTAR TARIFAS

CENTENARIO DE LA AVIACIÓN MILITAR ESPAÑOLA

HISTORIA

Como conmemoración do Centenario da Aviación Militar Española emítese unha folla bloque con catro selos nos que se reproducen tres modelos de avións e un helicóptero, mentres que na folla aparece o logo alusivo ao Centenario.

A Cuatro Vientos chegaron, en febreiro de 1911, procedentes de Francia, dous avións Henry Farman e un Maurice Farman adquiridos polo capitán de enxeñeiros Alfredo Kindelán. Con isto, os terreos de Cuatro Vientos converteríanse no primeiro aeródromo militar. Un mes despois, con estes avións de madeira e tea e motor de 50 CV, iniciouse o primeiro curso para pilotos militares. Nel obtiveron os seus títulos os capitáns Kindelán, Herrera e Arrillaga e os tenentes Barrón e Ortiz Echagüe. Con eles iniciouse a historia e a andaina da aviación militar española.

O helicóptero Aerospatiale SA-332 “Super Puma” entrou en servizo en 1982 e con el mantense unha “alerta SAR” (busca e salvamento) de 24 horas, todos os días do ano en Baleares, Canarias e Madrid. Ademais de utilizarse en Herat (Afganistán) para aeroevacuacións sanitarias, tamén se emprega para o movemento de personalidades. Está equipado con dúas turbinas que desenvolven 1850 CV cada unha e ten un radio de acción de 200 millas náuticas.

O avión CASA-101 “Aviojet”, está en servizo desde 1984 e con el formáronse máis de 1200 pilotos militares. Desenvolvido e fabricado en España, é un monomotor bipraza destinado ao ensino básico e avanzado. Ten unha autonomía de seis horas de voo e é o avión da patrulla acrobática Águila e a imaxe do Exército do Aire.

O Lockheed C/KC-130 “Hércules”, en activo desde 1973, é por excelencia o avión de transporte táctico. Véñense utilizando en operacións de axuda humanitaria, de mantemento da paz e en exercicios. Dotado de catro motores T-56 turbohélices, está destinado ao transporte de paracaidistas e lanzamento en voo de material, xa que pode transportar ata 20 toneladas de carga en bodega.

O Eurofighter EF-2000 “Tifón”, entrou en servizo no ano 2003 e é o avión máis moderno do Exército do Aire. Está dotado de dous motores e destinado a defensa e ataque. A súa velocidade é dúas veces a do son. Posúe un radar cun alcance de máis de 150 km e pódeselle adaptar unha gran variedade de armamento.