Data de emisión: 01 outubro 2011

EXFILNA 2011. VALLADOLID

CONSULTAR TARIFAS

EXFILNA 2011. VALLADOLID

HISTORIA

A Exposición Filatélica Nacional (EXFILNA 2011), unha das mostras máis importantes da filatelia española, acontecemento co que se pretende dar un novo impulso e estímulo ao coleccionismo de selos, ten como sede da súa xa 49 edición, a cidade de Valladolid, que acolle durante os días 30 de setembro ao 8 de outubro na Cúpula del Milenium os contidos da exposición, ademais das casetas de Correos e da FNMT. Para esta nova edición de EXFILNA, como xa é habitual, emítese unha folla bloque cuxo motivo, tanto no selo como na propia folla, é unha vista aérea da cidade de Valladolid e da Cúpula del Milenium, instalada na praza do Milenio.

A Cúpula del Milenium, cuxo proxecto é do arquitecto de Figueras, Enríc Ruiz Geli e do seu equipo, foi orixinariamente creada para a Expo de Zaragoza de 2008 onde estivo instalada. Tras clausurarse a Expo, o consistorio valisoletano adquiriu este pavillón de 1.500 m2 para ser utilizado con fins culturais, expositivos, sociais e deportivos. O dito pavillón ofrece a visión ou perspectiva dun edificio enigmático, de forma circular cuxa superficie se cobre por inchables de ETFE transparente que reflicten os raios do sol e pola noite deixan ver a iluminación do interior.

A Cúpula, deseñada desde formulacións orgánico-tecnolóxicas aplicadas á arquitectura, está instalada nun amplo espazo urbano de Valladolid que pretende integrar as dúas beiras do Pisuerga. Esta cúpula ou pavillón acollerá a EXFILNA 2011, xa na súa 49 edición competitiva de ámbito nacional, organizada nesta ocasión polo Grupo Filatélico e Numismático Vallisoletano.