Data de emisión: 11 abril 2011

FAROS. 2011

CONSULTAR TARIFAS

FAROS. 2011

HISTORIA

Consta esta emisión de Faros, de seis selos dedicados aos de Calella (Barcelona); Chipiona (Cádiz); de La Entallada (Illa de Fuerteventura); de Sant Sebastià (Girona); de Castell de Ferro (Granada) e de Valencia.

O faro de Calella está situado sobre un promontorio a uns 50 m de altitude. Foi inaugurado en decembro de 1859. Alimentado primeiro con aceite a presión e logo con petróleo, foi electrificado en 1927. Na actualidade continúa en servizo e a súa luz abarca unhas 35 millas náuticas.

O faro de Chipiona entrou en funcionamento en 1867. Ten unha altura de 62 m sobre a base e consta dunha torre troncocónica. Alimentado inicialmente con aceite e despois con petróleo, foi electrificado en 1942. O seu alcance de luz é dunhas 80 millas.

O faro de Punta La Entallada, en Fuerteventura, é unha torre cuadrangular de 12 m de altura, sobre un edificio dunha planta en pedra. Entrou en servizo en decembro de 1954. A súa luz é branca e o seu alcance é de 21 millas.

O faro Cap Sant Sebastià está situado sobre a montaña de San Sebastià da Guardia a 167 m de altitude sobre o nivel do mar. Construído en 1875 é un dos faros máis importantes do Golfo de León. A súa torre está a 12 m da base, a súa luz é branca e alcanza 32 millas de distancia.

O faro de Castell de Ferro está construído sobre un promontorio a 225 m de altitude sobre o nivel do mar. É de forma troncocónica e ten unha altura sobre a base de 9,40 m. A súa alimentación é a través de paneis fotovoltaicos e o seu alcance luminoso é de 14 millas. Para a súa construción aproveitouse unha antiga torre vixía árabe do século XI.

O faro de Valencia é de 1930 e, para a súa construción, puxo a súa primeira pedra o rei Afonso XIII. A súa torre é octogonal de cantería. A súa altura de plano focal é de 30 m e de soporte 22 m. É de luz branca e o seu alcance é de 25 millas.

Os seis selos reproducen as imaxes dos edificios de cada un dos faros.