Data de emisión: 03 outubro 2011

PERSONAJES

CONSULTAR TARIFAS

PERSONAJES

HISTORIA

Catro destacados nomes do mundo da literatura, a política e a sabedoría compoñen a emisión Personaxes que foi posta en circulación no ano 2011.

O xornalista e escritor Miguel Delibes (Valladolid, 1920-2010) foi un dos autores que mellor describiu a relación do home co medio rural e a natureza. Desde a súa primeira novela La sombra del ciprés es alargada, publicada en 1948, ata pouco antes da súa morte, a escritura constituíu o seu medio de comunicación. Recibiu os premios máis importantes do ámbito literario.

Luis Rosales (Granada 1910-Madrid 1992) é un dos poetas enmarcados na chamada xeración do 36. Nos seus primeiros libros de poemas apreciase a volta ás formas clásicas dos poetas do Século de Ouro e ao emprego dos temas relixiosos. A súa obra máis importante, La casa encendida (1949), é un longo poema de carácter narrativo autobiográfico que recorda os anos de mocidade, os amigos e os pais. Foi membro da Real Academia Española e Premio Cervantes de Literatura.

Gaspar Melchor de Jovellanos (Xixón, 1744-Vega, Asturias, 1811) pertenceu a unha familia da nobreza. Doutorouse en canons e en 1767 obtivo a praza de alcalde do crime de Sevilla. Ocupou diversos cargos políticos, desde os que mostrou o seu espírito pola Ilustración e o seu desexo de reformas na sociedade. Escribiu varias obras sobre a necesidade de transformar a educación e a lexislación movido polas correntes ilustradas. Acusado de introducir en España unha copia do Contrato social de Rousseau, foi encarcerado e deportado a Mallorca (1801), de onde saíu tres anos antes de morrer.

Médico e teólogo, Miguel Servet (Villanueva de Sirena, Huesca, 1511-Xenebra, 1553) foi un dos personaxes máis controvertidos do século XVI. Estudou Dereito en Toulouse e Medicina en París e foi o primeiro en describir a circulación pulmonar do sangue. Participou na Reforma Protestante e desenvolveu novas ideas teolóxicas, mostrándose contrario á concepción da Santísima Trinidad. Acusado de herexía polo teólogo protestante Calvino, foi xulgado e queimado na fogueira.