Data de emisión: 19 setembro 2011

SELECCIÓN ESPAÑOLA DE FÚTBOL

CONSULTAR TARIFAS

SELECCIÓN ESPAÑOLA DE FÚTBOL

HISTORIA

Entre todos os éxitos deportivos conseguidos por deportistas españois os últimos anos, merecen especial mención os da Selección Española de Fútbol nos anos 2008 e 2010, polo interese que este deporte esperta na sociedade.

Con este motivo emítense dúas follas bloque que, compostas cada unha delas por cinco selos, reflicten os fitos principais na historia do equipo nacional desde a introdución do fútbol en España ata o Campionato Mundial de 2010.

El fútbol introduciuse en España, procedente de Inglaterra, co paso do século XIX ao XX. Non obstante, a selección nacional como tal, debutou o ano 1920 en Bruxelas, con motivo da VII Olimpíada.

Desde entón e ata a consecución do Campionato Mundial en 2010, case cen anos máis tarde, a historia do equipo nacional tivo altibaixos nos seus logros deportivos e anécdotas de toda índole, estando adornados por algúns goles que pasaron a formar parte dos seus feitos máis destacados, como os goles de Zarra, Marcelino, Torres e Iniesta, e por futbolistas que constituíron verdadeiros símbolos do fútbol: Pichichi, Zarra ou Ricardo Zamora.

Entre os maiores éxitos cabe citar o Campionato da Eurocopa de 1964, os Xogos Olímpicos de 1992, o Campionato de Europa de 2008 e o Campionato Mundial de 2010.

Os dez selos reflicten outras tantas ilustracións referidas tanto ás escenas máis relevantes que acompañaron os maiores éxitos, como ás figuras da historia da selección que son consideradas símbolos do fútbol nacional.