Data de emisión: 28 maio 2012

150 ANIVERSARIO LEY DEL NOTARIADO

CONSULTAR TARIFAS

150 ANIVERSARIO LEY DEL NOTARIADO

HISTORIA

O 28 de maio de 1862 publicábase a Lei do notariado, asinada pola raíña Isabel II, que viña unificar a normativa vixente do momento. Para recordar a efeméride, ponse en circulación un selo conmemorativo que reproduce o logotipo oficial do 150 aniversario (1862-2012).

O artigo 1º da lei di: “O notario é o funcionario público autorizado para dar fe, conforme ás leis, dos contratos e demais actos extraxudiciais”. Deste xeito establecíase oficialmente a figura pública do notario, que cumpre a dobre función de ser un profesional do Dereito e un funcionario público ao tempo. Ao cargo accédese por oposición e é sinónimo de garantía de lexitimidade e seguridade, tanto para os particulares como para o Estado. Os notarios traballan en réxime de competencia e entre as súas funcións figura a de outorgar escritura pública para ofrecer a máxima seguridade xurídica en Dereito. Redactan testamentos, capitulacións matrimoniais, actos de compravenda, préstamos hipotecarios, constitución de sociedades e declaracións de herdeiros, entre outros tipos de documentos.

Os notarios españois encóntranse repartidos por todo o país, incluídas as pequenas localidades, para garantir o servizo a toda a sociedade. Agrúpanse por colexios notariais, que os apoian nas súas funcións á vez que controlan as súas actuacións. Xerarquicamente dependen da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado (DGRN) e á súa fronte encóntrase o ministro de Xustiza como notario maior do Reino.

A orixe do notariado parece que se encontra nos antigos escribas exipcios e nos tabelións romanos. En España existen referencias nos distintos foros da época medieval, como o Fuero Juzgo, o Fuero Real e nas Siete Partidas do rei Afonso X o Sabio (século XIII), nas que se estipulaban as condicións que debían de reunir para poder exercer o cargo.

La Lei do notariado de 1862, vixente na actualidade, pon de relevo a figura do notario como símbolo de garantía das liberdades individuais e patrimoniais entre os particulares e os poderes públicos. Desde as súas orixes constituíuse nun elemento necesario nas sociedades democráticas e de economía de mercado, sendo unha profesión moi recoñecida.