Data de emisión: 08 novembro 2012

AMÉRICA UPAEP. MITOS Y LEYENDAS

CONSULTAR TARIFAS

AMÉRICA UPAEP. MITOS Y LEYENDAS

HISTORIA

A Unión Postal das Américas, España e Portugal (UPAEP) é unha organización que ten como obxectivo a función integradora dos países que a compoñen no referente a temas postais e á modernización dos servizos. Todos os anos, as administracións de Correos desta organización emiten un selo cun tema en común que, nesta ocasión, está dedicado a Mitos e Lendas.

O tema seleccionado para cada emisión é elixido con catro anos de anticipación, trala consulta previa aos países membros, e debe estar orientado a destacar os aspectos socioculturais e a promover a identidade propia de cada territorio. Os países ilustran libremente os seus selos, salvo cando se acorda emitir un “motivo único en común”, e deben incluír o logotipo da Unión que di: América-Upaep.

O correo español inclúe na serie de Mitos e lendas a historia de Os amantes de Teruel, escrita e reescrita por múltiples autores ao longo dos séculos. A versión máis coñecida é a de Juan Eugenio de Hartzenbusch, estreada como drama histórico en 1837. Baseándose nesta versión, o músico Tomás Bretón compuxo un libreto e levouna á ópera en catro actos e estreouna en Madrid en 1889.

Os amantes de Teruel desenvólvese no século XIII e conta a historia de dous mozos que morren por amor. O mozo Diego Marcilla pertence a unha familia de liñaxe vida a menos, mentres que Isabel de Segura é de familia de menor importancia pero próspera e rica. Amigos desde a infancia, namóranse co paso dos anos e deciden casar, pero o pai de Isabel négase, antepoñendo a riqueza ao amor. O mozo parte á guerra en busca de riqueza e acorda coa súa amada que se no prazo de cinco anos non regresa quedará libre para tomar outro esposo. Cando volve na data acordada ela acaba de casar. Diego pídelle un bico de despedida e ante a negativa de Isabel, morre aos seus pés. O día do funeral, Isabel acode á igrexa co rostro cuberto e achegándose ao féretro deposita nos labios do seu amado o bico que lle negou en vida e morre xunto a el.

Realidade ou ficción, o certo é que en 1555 acháronse na Igrexa de San Pedro de Teruel as momias dos amantes e un documento que daba fe de suceso. Actualmente, as momias pódense visitar no Mausoleo dos Amantes.